Ao longo dos séculos as numerosas igrexas e capelas, algunhas desaparecidas, foron o centro da vida relixiosa de Barreiros. O resultado é unha rica herdanza en forma de patrimonio que reflexa as distintas tendencias arquitectónicas e artísticas imperantes ao longo da historia.
Barreiros conta con nove igrexas e numerosas capelas diseminadas por todo o territorio. Construcións seculares que,na súa maioría, se encadran no estilo barroco rural galego. En ocasións a edificación orixinal pertence a épocas e estilos anteriores, conservándose tan só uns poucos vestixios primitivos. Trátase de templos de reducidas dimensións, caracterizados pola simplicidade das formas. Con frecuencia, no seu interior pódense atopar notables exemplos de retablos barrocos.
Aínda que todas posúen un importante valor cultural, dende o punto de vista artístico sobresaen as igrexas de San Pedro de Benquerencia e San Xusto de Cabarcos. A primeira polas súas pinturas murais e a segunda pola notoriedade dos seus retablos, púlpito e confesionarios.