Turismo Concello de Barreiros – Galego
Atrévete a explorar o Barreiros que…
queda en ti
Nun primeiro momento as nosas infinitas praias cativarán a túa mirada, mais axiña desexarás explorar estes verdes vales para descubrir toda a súa esencia. Aquí agardan por ti espazos naturais protexidos para apreciar a biodiversidade, fervenzas rodeadas de frondosos bosques autóctonos onde atopar a serenidade, ou mesmo miradoiros sobre a inmensidade da paisaxe.
Vive a experiencia…
Barreiros concentra a esencia orgullosa das diferentes culturas e xentes que a poboaron deixando unha pegada imborrable en forma de historia, arquitectura, lendas e costumes.
Dá igual se vés a solas ou en compañía, en inverno ou en verán, se amas o deporte ou es máis de experiencias tranquilas, porque en Barreiros atoparás o teu lugar.
Toma nota, non te perdas…
7 de outubro de 2022 O Concello de Barreiros vén de instalar dúas plataformas-miradoiro ao carón da ría de Foz-Masma. Segundo o …
19 de agosto de 2022 O Concello de Barreiros segue a traballar na divulgación dos valores do seu territorio. Neste caso, e …
30 de xuño de 2022 O Concello de Barreiros oferta este verán un programa de visitas guiadas en diferentes localizacións do municipio. …
29 de xuño de 2022 O Concello de Barreiros abre unha nova xanela dixital para presentar os seus atractivos e oferta turística …
Barreiros queda en ti
Saborea o produto local e descansa
En detalle