Situada no Camiño Norte de Santiago, arquitectonicamente non se distingue das outras igrexas do concello, exceptuando a igrexa nova de San Cosme. Sen embargo, a visita ao seu interior farase pausadamente, admirando a riqueza artística que posúe.
A súa advocación dedícase a San Xusto e San Pastor e a súa existencia remóntase ao século XVI, sendo remodelada nos anos noventa.
Destaca o retablo maior de tres corpos, de estilo barroco, realizado no século XVIII en madeira de castaño, adornado con columnas salomónicas e abundante decoración alegórica.
Ámbolos retablos laterais situados no cruceiro, son de estilo neogótico e dunha fermosa factura.
Dous confesionarios e un púlpito de delicado traballo de ebanistería e gran valor artístico completan o conxunto.
– Consultar horario de misa. Non dispón de horario de visita. –