Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Aviso legal

O Concello de Barreiros, a través desta web:

Busca proporcionar unha información actualizada e de calidade sobre os servizos do municipio.

A información que se difunde a través desta web é a vixente no momento no que se publica e irase actualizando coa maior celeridade posible.

A actualización da información facilitada por terceiros será responsabilidade da persoa ou entidade provedora. O Concello de Barreiros velará para que os provedores desta información garantan a súa actualización e sexan respectuosos segundo a normativa vixente.

Controlarase que a información que se difunde é completa, veraz, precisa, útil e accesible, e que cumpre os requisitos de calidade previstos na lexislación vixente.

Permite o acceso con independencia da opción tecnolóxica dos usuarios e usuarias e, particularmente, mediante as tecnoloxías baseadas en estándares abertos.

Garantiza a seguridade e a protección dos datos persoais.

A visita ao portal institucional do Concello de Barreiros efectúase en forma anónima.

Soamente para poder acceder a algún dos servizos da web que dispoñan de xestión ou trámite específico os usuarios haberán de fornecer os datos persoais imprescindibles para a prestación do servizo solicitado.

Estes datos incorporaranse ós correspondentes ficheiros do Concello de Barreiros e serán tratados de conformidade coa regulación establecida pola Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais disposicións de aplicación.

Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento do interesado ou de acordo co previsto na citada Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal.

As persoas cuxos datos persoais consten nun ficheiro do Concello de Barreiros poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, na forma prevista na Lei, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase á Secretaría do Concello de Barreiros, Casa do Concello, Rúa Vila nº 63 , C.P: 27790, San Cosme de Barreiros.

Garantiza a privacidade dos usuarios.

O Concello de Barreiros sigue unha política de cookies respetuosa coa privacidade.

Permite e fomenta a reutilización da información difundida, cos límites que este aviso legal prevé  os que impón a lexislación vixente.

O Concello de Barreiros permitirá a reutilización de todas as informacións e os datos difundidos por medio desta web, sempre que non se indique o contrario, coas condicións seguintes:

Non alterar o contido da información.

Non desnaturalizar o sentido da información.

Mencionar a fonte da información.

Indicar a data da última actualización da información.

Non dar a entender que o Concello patrocina ou apoia a actividade na que se reutiliza a información.

Protexe a propiedade intelectual e industrial e fomenta as licenzas abertas.

O Concello de Barreiros é o titular dos dereitos de propiedade intelectual das obras e prestacións que integran esta web, ou ben ten a cesión de uso. Isto inclúe o deseño gráfico e o software desta web, así como os textos, as imaxes e as gravacións que contén. A reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación destas obras e prestacións máis aló das actividades directamente autorizadas pola Lei de Propiedade Intelectual, requirirá a autorización do titular.

As marcas, os nomes comerciais e os signos distintivos que aparecen nesta web poden estar protexidos por réximes de propiedade industrial e pertencen ós titulares respectivos. Quedará prohibido o uso destes elementos se non se ten a autorización do titular ou este non queda amparado pola lei.

Se calquera cidadán considera que esta web ou o seu contido supón a infracción de calquera dereito de propiedade intelectual ou industrial, deberá notificarllo ao Concello de Barreiros indicando o seu nome, a titularidade de dereitos (achegando a proba ou a acreditación correspondente) e o obxecto do dereito supostamente infrinxido.

O Concello está presente nas redes sociais.

O Concello está presente nas redes sociais Facebook e Instagram. Ao acceder a estas redes hai que ter en conta que as condicións de uso aplicables son as que as propias plataformas teñen establecidas, as cales non están determinadas polo Concello.

Axústase ó marco legal vixente en materia de responsabilidade polos contidos.

O Concello asume, dacordo coa lexislación vixente, a responsabilidade polos contidos que elaborase para esta web. En canto aos contidos fornecidos por usuarios e terceiros, serán de aplicación as exclusións de responsabilidade previstas nos artigos do 13 ao 17 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico. En particular, con respecto aos contidos enlazados, aplicarase a exclusión de responsabilidade do artigo 17 desta lei.

O Concello non responderá do mal uso que os usuarios poidan facer dos contidos desta web. Tampouco se fará responsable das dificultades de acceso que poida haber no portal nin do mal funcionamento que sexa atribuíble a causas alleas ao Concello.