Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Patrimonio indiano

Airiños, airiños, aires,
airiños da miña terra,
airiños, airiños, aires,
airiños levaime a ela.

Extracto do poema “Airiños”, de Rosalía de Castro.

O éxodo constante de miles de galegos a América, dende mediados do século XIX ata mediados do XX, é un dos acontecementos máis notables da historia recente de Galicia.

Aqueles afortunados que conseguían o ansiado desexo de regresar á súa patria ricos e adiñeirados, sentían a necesidade de exteriorizar o seu triunfo demostrando a súa nova situación económica e social. Unha das formas de logralo era a través da construción de edificios cosmopolitas, protagonistas e dominantes na paisaxe rural e urbana. Para iso empregaban amplas fiestras, elegantes e distinguidos elementos decorativos e/ou unha coidada xardinería onde rara vez faltaba a característica palmeira, a mítica “árbore da vitoria” emblema distintivo da condición de indiano do seu propietario.

Dos indianos que regresaron hai moito de pomposo pero tamén de xenerosidade, pois ao chegar ao país de destino enfrontaron importantes dificultades froito das súas carencias formativas. Así, tanto grazas ás remesas que enviaron dende o outro lado do Atlántico, como ás doazóns feitas tralo retorno dos mesmos, xurdiron escolas e outros equipamentos que transformaron a vida do rural galego.

 Cabe resaltar que Barreiros foi o municipio da Mariña Lucense con maior número de centros de emigrantes en Cuba, destino da maioría daqueles que partiron dende estas terras. Ademais atópase entre os concellos galegos con máis patrimonio indiano.

Plans para gozar do patrimonio civil-indiano

Visitas complementarias

Desfruta do patrimonio indiano

Outras edificacións indianas a localizar no mapa:

  • Casa de Pepe de Siñeiro. San Cosme de Barreiros
  • Casa de Arturo. Vilar. San Cosme de Barreiros.
  • Casa de Camarnachón. Vilar. San Cosme de Barreiros.
  • Casa Rubio. Celeiro de Mariñaos.
  • Casa de Reboredo. Celeiro de Mariñaos.
  • Casa de Manuel Maseda. San Pedro de Benquerencia.
  • Barrio Nuevo. San Pedro de Benquerencia.
  • Barrio de Carreira. San Pedro de Benquerencia.
  • Casa do Pero. San Pedro de Benquerencia.
  • Casa Blanco. San Miguel de Reinante.
  • Casa de Balseiro. San Miguel de Reinante.
  • Casa do Comandante. San Miguel de Reinante.
  • Villafer. San Miguel de Reinante.
  • Casa do Xoco. Santiago de Reinante.
  • Casa de tipo Arquitectura de Indianos na Cruz. Santiago de Reinante.