Turismo Concello de Barreiros – Galego
O concello de Barreiros, atópase situado na costa da provincia de Lugo, á beira do mar Cantábrico, dentro do xeodestino turístico denominado A Mariña Lucense.
A súa situación xeográfica pode considerarse un privilexio natural, xa que Barreiros atópase entre o mar, con finísimos areais que suman 8 km de lonxitude e ao carón da praia de As Catedrais; e a montaña, o que invita a pasar longos períodos vacacionais con múltiples rincóns para descubrir e variadas experiencias que vivir.
A capital municipal, San Cosme de Barreiros, dista 90 km da capital provincial, Lugo.
A principal vía de comunicación é a autovía do Cantábrico A-8, que se estende ao longo da costa do Mar Cantábrico, comezando en Bilbao e rematando en Baamonde (interior da provincia de Lugo) onde se une coa A-6 (Autovía Madrid-A Coruña).
Dentro do municipio de Barreiros existen dúas saídas desta vía de comunicación:
Do mesmo xeito se pode utilizar a estrada nacional N-634 que, paralela a la Autovía A-8, une San Sebastián con Santiago de Compostela, atravesando o concello de Barreiros.
Case no límite co municipio veciño de Foz, a N-634 enlaza coa N-642, en dirección a Foz, Burela, San Cibrao, etc.; todos eles situados na costa da Mariña Lucense.
Barreiros
Grupo Breogán (Kia – Toyota)
Parque Empresarial de Barreiros. Parcela 1.
27790 San Cosme de Barreiros, Lugo.
Tlf.: 981 160 099 ext. 1161 (Dpto Breogán Rent)
Entrega e recollida dos vehículos en: Barreiros*, Lugo, Santiago de Compostela, Vigo, Coruña (Oleiros e Carballo).
* Reservar con antelación para asegurar a dispoñibilidade.
Ribadeo, Foz e Xove
Rent a Car Mar Cantábrico
610 15 59 11
info@rentacarmarcantabrico.com
https://rentacarmarcantabrico.com/
Outros puntos de recollida / entrega: aeroportos de Asturias, Coruña e Santiago.
Outros servizos: Vehículos clásicos para eventos.
Xove
Alquiler de vehículos Paraíso
982 550 151 / 669 849 521
Barreiros conta con 3 taxis que permiten unha mobilidade a demanda adaptada ás necesidades persoais.
Taxi en San Cosme: 626 309 815
Taxi en San Miguel: 616 636 202
Taxi en Vilamar: 607 587 895
Se o teu é viaxar coa casa ás costas, en Barreiros dispoñemos dunha área de autocaravanas ao carón da Ría de Foz-Masma onde se permite a acampada por un período máximo de 48 horas.
Dispón de toma de auga e de evacuación de augas grises.
Coordenadas: 43.563792, -7.242757
Tamén podes consultar a oferta de cámpings no apartado de Aloxamento.
Barreiros conta con diferentes paradas de autobús, facilitando a conectividade con outras vilas e cidades de Galicia. A compañía que proporciona este servizo é Arriva.
Así mesmo, dende o veciño municipio de Ribadeo saen autobuses da compañía Alsa que permiten a conectividade con diversas cidades de España, principalmente da costa Cantábrica.
Tlf. Arriva: 981 33 00 46 / 981 31 12 13
Tlf. Alsa: 902 42 22 42 / 91 020 7007
Así mesmo, no verán, dispoñemos dun servizo de bus circular – bus As Catedrais que conecta Barreiros con Foz e Ribadeo, contando con varias paradas nas praias e nos núcleos urbanos.
O ferrocarril de vía estreita (FEVE), percorre o Cantábrico dende Ferrol a Xixón e ofrece unhas fermosas vistas de todo o litoral. É una forma de viaxar amodo, centrándose nun mesmo e na paisaxe que o rodea.
En Barreiros existen dous apeadeiros: un en San Cosme e outro en Reinante.
Máis info: https://www.renfe.com/es/gl/cercanias/cercanias-feve
Tlf. Feve: 912 320 320 (Atención 24h).
Trens-hotel de luxo con itinerarios por A Mariña Lucense
Transcantábrico
https://www.renfe.com/es/gl/experiencias/viaxes-de-luxo/transcantabrico-gran-lujo/el-tren
Costa Verde Express
https://www.renfe.com/es/gl/experiencias/viaxes-de-luxo/costa-verde-express/el-tren
O aeroporto máis cercano é o de Asturias pola nosa proximidade xeográfica a esta Comunidade Autónoma, seguido dos aeroportos de A Coruña e Santiago de Compostela por este orde, ambos en Galicia. A continuación detállanse as distancias e tempos estimados.
http://www.aena.es/es/aeropuerto-asturias/index.html
http://www.aena.es/gl/aeroporto-a-coruna/index.html