Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Camiño Norte de Santiago

A maioría dos peregrinos coinciden en que o Camiño cámbiate, non volves igual. Trátase dunha experiencia que te leva a redescubrirte a ti mesmo/a e a mudar a túa percepción da vida.

Barreiros forma parte da primeira etapa en Galicia deste itinerario xacobeo, Patrimonio da Humanidade, discorrendo por unha zona rural de gran beleza natural.

Tras deixar atrás o concello de Ribadeo, entrarás neste concello, onde disfrutarás das nosas paisaxes dominadas pola cor verde ao longo dun treito duns 8Km antes de rematar a etapa en Lourenzá. 

Ultreia e bo camiño!

Unha vez entramos en Barreiros, dende o alto, divisaremos un pequeno val e, aos nosos pés, Vilamartín Pequeno coa súa igrexa na honra de San Xoan Degolado. Enfrente, seguindo o camiño atópase Vilamartín Grande que destaca pola presenza da Capela da Virxe do Carme que data do século XVII. Neste lugar poderemos selar a credencial e repoñer forzas grazas á existencia dun aloxamento privado: Tentempé Peregrino. Antes de baixar a Gondán, o alto de Vilamartín Grande pode servirlle ao peregrino de miradoiro, dende onde se divisa unha panorámica do Val de Cabarcos.

Sabías que numerosos topónimos deste territorio situado ente os ríos Eo e Masma aparecen no documento medieval máis antigo que se conserva en España?

Trátase do Diploma do Rei Silo asinado no ano 775 e que se conserva na Catedral de León. Nel, o Rei Silo fai unha doazón a varios monxes para que edificaran un mosteiro neste territorio.

A continuación, atopamos Gondán, onde desviándonos un pouco do Camiño podemos achegarnos ata a Capela da Virxe do Pilar. Regresando ao trazado Xacobeo, camiñamos en descenso ata a parroquia de San Xusto de Cabarcos. Neste punto poderase facer outro alto no camiño para, de novo, repostar forzas no Bar-Restaurante A Curva, onde tamén é posible selar a credencial. Antes da igrexa, atopamos un cruceiro en recordo da Capela do Bo Suceso e, de seguido, a Igrexa parroquial. Nela son de admirar o retablo barroco, do século XVIII, o púlpito e dous confesionarios. 

Dende aquí o peregrino abandona o concello de Barreiros para adentrarse no de Lourenzá.

Información útil