Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Centro de Instrucción e Recreo (CIR) Benquerencia. O Canteiro. San Pedro de Benquerencia.

Gran edificio de estilo colonial creado a expensas do “Centro de Benquerencia Sociedad de Instrucción y Recreo”, institución creada en 1906 na Habana, sendo a primeira sociedade de instrución creada por emigrantes mariñáns.

A escola comezou a construírse no 1906 e a funcionar en 1907, acollendo tamén as dependencias do Sindicato Agrario da parroquia.

O edificio, de estilo ecléctico, consta de dúas plantas e concede un gran protagonismo á fachada principal resaltada por unha gran escalinata. Como remate incorpora uns pináculos de bola e a arquivolta decorativa de arco cego. Sobre a porta principal sitúase unha estrela de cinco puntas e unha placa coa seguinte inscrición: “CENTRO DE BENQUERENCIA INSTRUCCIÓN Y RECREO AÑO – 1906”. 

Sitúase nun recinto pechado e no ano 1907 constrúese a actual pista de baile e o palco da música. Actualmente funciona como Local Sociocultural da Asociación de Veciños de San Pedro de Benquerencia, logo da súa restauración nos anos 90 grazas á implicación veciñal.

Coñece a exposición etnográfica permanente «Benquerencia no Tempo», situada na súa planta baixa.

Accesibilidade