Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Exposición etnográfica «Benquerencia no Tempo»

Exposición dedicada á recuperación histórica das costumes, oficios, vida cotiá e cultural dos nosos antepasados.

Atópase ademais nun dos edificios máis representativos da arquitectura indiana de Barreiros: o Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia.

O obxectivo é poñer en valor o patrimonio natural, cultural e humano desta zona de A Mariña Lucense. Así, podemos atopar dende apeiros de labranza e gandeiría ata ferramentas utilizadas antigamente por zapateiros, barbeiros, zoqueiros, costureiras, pescadores, albaneis, etc. Tódalas pezas proceden de doazóns particulares.

Actualmente conta con máis de 1.600 pezas en exposición.

A exposición realízase nos baixos do edificio polo que é apta para persoas con mobilidade reducida.

Horarios verán 2023: de luns a venres de 18.30h a 20.30h (dende xullo ata a ponte do Pilar en outubro)*. Consultar posibles cambios coa entidade xestora.

Visitas para grupos fóra desta época / horario: contactar coa entidade xestora.

ContactoTlf.: 686 686 671  |   Correo electrónico: cirdebenquerencia@gmail.com | Dirección: Barrio do Canteiro, s/n – 27792 – San Pedro de Benquerencia (pinche aquí para ver en Google Maps).

Xestionado por: Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia