Praia de areas brancas e finas con case 2 km de lonxitude e 60 metros de ancho con acceso para persoas con mobilidade reducida. Unha das máis surfeiras de Barreiros, moi adecuada para aprender e perfeccionar a técnica e cun espazo delimitado para esta práctica.
Atópase entre a praia de Remior e a coñecida “Pena da Salsa”, onde ían bañarse as mulleres como areal exclusivo para elas entre os anos 1920 e 1930.
Hai anos fíxose unha actuación medioambiental que supuxo a recuperación de máis de 100.000 metros cadrados de sistema dunar, feito que permitiu recobrar a contorna natural do areal.
Nesta praia, atópase unha tumba medieval antropomorfa labrada á man nunha das rochas do areal. A esta peza funeraria atribúeselle a calificación de único enterramento medieval mariño conservado.
No seu extremo oriental conta cunha área recreativa.