Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Visitas guiadas Barreiros verán 2023

‘BARREIROS queda en ti

Galego | Español

Benvido/a a esta programación de visitas guiadas que terán lugar durante os meses de xullo e agosto de 2023 e coas que se pretende amosar a riqueza cultural e ambiental de Barreiros así como as formas de vida das súas xentes.

Consulta, a continuación, os cinco percorridos cos que descubrir parte da esencia de Barreiros:

Ver calendario xullo | Ver calendario agosto


A vida aos pés do Mar Pequeno

Ao longo deste roteiro aos pés da ría, teremos a oportunidade de coñecer a riqueza deste espazo natural e a súa contorna dende os puntos de vista ambiental e cultural. Comentaremos aspectos como as súas figuras de protección, a súa biodiversidade ou os aproveitamentos humanos da mesma, entre outros. Regresaremos a través do Camiño Natural do Cantábrico achegándonos a ver uns dos elementos etnográficos máis senlleiros de Barreiros. Xa para rematar, comentaremos a praia e a duna de Altar e falaremos da singularidade do seu hábitat.

Percorrido e terreo: dende a Praia da Anguieira pola beira da ría (aproveitando a baixamar, se a marea o permite) ata Os Pasos de Moscoso. Regreso por pistas asfaltadas, rematando na praia e duna de Altar. Terreo: paseo marítimo, area, fango, pedras e asfalto.

Duración: 2,5 horas aprox. Distancia circular: 2,5Km aprox.

Punto de encontro: Aparcamento da Praia da Anguieira. Coordenadas: 43.563526, -7.242487. Enlace a Google Maps: https://bit.ly/3JgtMgf

Explicacións dirixidas a adultos/as. Menores de idade: os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor legal. Idade mínima para participar: 5 anos

Visita non apta con cans ou mascotas.

Dificultade e riscos: Moderada. Zonas esvaradías, zonas fangosas e/ou pedregosas, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel; caída de ramas, árbores ou pedras; falta de cobertura móvil, tramos compartidos con vehículos, outros riscos propios dunha actividade no medio rural/natural.

Recomendacións: roupa e calzado cómodos (calzado pechado impermeable – zonas fangosas -) e adaptados ás condicións do terreo e meteorolóxicas, auga, protección solar, algo para picar (froita, froitos secos, etc), bastóns de apoio, prismáticos.

Gratuítas. Inclúe Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil.

Prazas limitadas. Inscrición previa ata as 12:00h do día anterior á celebración da actividade. As solicitudes que entren fóra de prazo poderían ser rexeitadas.

Inscricións e información complementaria de interese:

Contacto para consultas: Tlf. 982 134 400 ou no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal (Oficina de Turismo).


O día a día dun gandeiro. Granxa Mantoño Holstein

Máis alá da experiencia de ver vacas de preto, con esta visita teremos a oportunidade de coñecer de primeira man a labor dos gandeiros e gandeiras e o seu día a día. Poñeremos en valor a súa formación e coñecementos en aspectos moi dispares, todos esenciais, e visitaremos as instalacións da granxa. Unha forma de recordarnos que grazas ao sector primario dispoñemos de alimentos saudables ao alcance da man. Sabías que esta granxa leva anos sendo considerada unha das mellores de España?

Nota: O Concello de Barreiros agradece a colaboración e disposición da xerencia desta granxa para levar a cabo esta actividade divulgativa.

Percorrido e terreo: instalacións da granxa. Terreo: pavimentado, prado e/ou terra.

Duración: 1 hora aprox.

Explicacións dirixidas a adultos/as. Menores de idade: os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor legal.

Visita non apta con cans ou mascotas.

Punto de encontro: Granxa Mantoño Holstein. Coordenadas: 43.490705, -7.264546. Enlace a Google Maps: https://bit.ly/42swZ38

Dificultade e posibles riscos: Baixa. Zonas esvaradías, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel, tramos compartidos con vehículos, outros sen determinar.

Normas: queda prohibida a manipulación de calquera elemento da granxa.

Recomendacións: roupa e calzado cómodos (preferiblemente calzado deportivo, valorar levar roupa de reposto), auga, algo para picar (froita, froitos secos, etc).

Guía: xerente da granxa.

Gratuítas. Inclúe Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil.

Prazas limitadas. Inscrición previa ata as 12:00h do día anterior á celebración da actividade. As solicitudes que entren fóra de prazo poderían ser rexeitadas. Grupo mínimo: 8 persoas.

Inscricións e información complementaria de interese:

Contacto para consultas: Tlf. 982 134 400 ou no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal (Oficina de Turismo).


Rutas Xeolóxicas Litoral de Barreiros

O litoral de Barreiros presenta unha interesante xeodiversidade que soe pasar desapercibida, un patrimonio natural que nos axuda a entender a historia do planeta terra e contribúe a poñer en valor a identidade do territorio.

Durante este itinerario poderase coñecer como se crean as furnas e arcos que se presentan ao longo desta franxa costeira e que recordan aos da coñecida Praia das Catedrais. Falarase tamén das diversas rochas que atopamos ao longo do roteiro e da súa xénese ou descubriranse curiosos espazos nos que se preservan restos de primitivos arrecifes de coral e mesmo unha turbeira con restos fósiles de milleiros de anos de antigüidade. 

Percorrido e terreo: dende a praia de Arealonga á de Fontela-Valea. Terreo: paseo marítimo, praia e puntualmente zonas rochosas.

Duración: 3,5 horas aprox. (sen contar o regreso ao punto de partida) Distancia lineal: 3,5Km aprox. (un sentido)

Explicacións dirixidas a adultos/as. Menores de idade: os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor legal. Idade mínima para participar: 5 anos.

Visita non apta con cans ou mascotas.

Gratuítas. Inclúe Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil.

Prazas limitadas. Inscrición previa ata as 12:00h do día anterior á celebración da actividade. As solicitudes que entren fóra de prazo poderían ser rexeitadas.

Punto de encontro: Praia de Arealonga, no único punto onde hai vivendas a ambos lados da estrada (zona ao carón das obras). Coordenadas: 43.555708, -7.176473. Enlace a Google Maps: https://bit.ly/3XUJaFs

Dificultade e posibles riscos: Moderada. Zonas esvaradías, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel; desprendementos de rochas; subida brusca da marea, oleaxe intenso, falta de cobertura móvil, tramos compartidos con vehículos, outros riscos propios dunha actividade no medio natural/semi-urbano.

Recomendacións: roupa e calzado cómodos (calzado deportivo ou de trekking) e adaptados ás condicións meteorolóxicas propias de zonas costeiras, protección solar, auga, algo para picar (froita, froitos secos, etc).

Guía: Francisco Canosa. Xeólogo.

Inscricións e información complementaria de interese:

Contacto para consultas: Tlf. 982 134 400 ou no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal (Oficina de Turismo).


San Miguel de Reinante, pasado moi presente

Un paseo polo San Miguel urbano e rural a través de diferentes vestixios arquitectónicos testemuñas do pasado e que chegaron aos nosos días para recordarnos de onde vimos. Por ser un dos acontecementos históricos máis salientables da historia recente de San Miguel e, por extensión de Galicia, faremos especial fincapé na historia da emigración a América e no seu legado. Non en van, Barreiros é un dos municipios galegos con máis patrimonio indiano e o núcleo de San Miguel de Reinante conta con algúns dos edificios máis destacados.

Nota: o Concello de Barreiros agradece a colaboración prestada pola Asociación Local «Seminario de Estudos Os Espigueiros».

Percorrido e terreo: Comezaremos cun percorrido urbano polo centro do pobo para, na segunda metade do itinerario introducirnos nunha paisaxe máis rural. Despois de pasar polos barrios de Triana e O Outeiro, regresaremos ao punto de inicio. Terreo: urbano pavimentado, pistas asfaltadas e camiño de terra/herba.

Duración: 2,5 horas aprox. Distancia circular: 2,5Km aprox.

Explicacións dirixidas a adultos/as. Menores de idade: os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor legal. Idade mínima para participar: 5 anos.

Punto de encontro: Praza do Souto, San Miguel de Reinante. Coordenadas: 43.543830, -7.193143. Enlace a Google Maps: https://bit.ly/3WyvAGQ

Posibles puntos de aparcamento: https://bit.ly/42cCgeZ

Dificultade e posibles riscos: Moderada. Zonas esvaradías, zonas inundables, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel; caída de ramas, árbores ou pedras; falta de cobertura móvil, tramos compartidos con vehículos, outros riscos propios dunha actividade no medio urbano/rural-natural.

Recomendacións: roupa e calzado cómodos e adaptados ás condicións do terreo e meteorolóxicas, auga, protección solar, algo para picar (froita, froitos secos, etc).

Gratuítas. Inclúe Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil.

Prazas limitadas. Inscrición previa ata as 12:00h do día anterior á celebración da actividade. As solicitudes que entren fóra de prazo poderían ser rexeitadas.

Inscricións e información complementaria de interese:

Contacto para consultas: Tlf. 982 134 400 ou no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal (Oficina de Turismo).


Santo Estevo do Ermo. Refuxio de biodiversidade e patrimonio.

O Santo Estevo do Ermo conforma unha fraga de incalculable valor ambiental cuxo sorprendente legado cultural cautiva a todo aquel que a visita. A través deste roteiro retrocederemos milleiros de anos para somerxernos na súa historia, patrimonio e orixes dalgunhas das especies que aquí atopamos. A vexetación propia dos bosques autóctonos de Galicia, as lendas que perviven neste espazo e as propiedades mineromedicinais das augas do lugar completarán un percorrido curto pero cargado de simbolismo.

Percorrido e terreo: Fraga de Santo Estevo do Ermo. Terreo: Sendeiros de terra, posibilidade de puntos embarrados, escaleiras e zonas rochosas.

Duración: 2,5 horas aprox. Distancia circular: 1Km aprox.

Explicacións dirixidas a adultos/as. Menores de idade: os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor legal. Idade mínima para participar: 5 anos.

Punto de encontro: Punto sinalizado en Google Maps como “Aparcamiento Cascada” (punto onde comeza o tramo sen asfaltar). Coordenadas: 43.533158, -7.238926. Enlace a Google Maps: https://bit.ly/3wBRIoy*

*Dende o punto de encontro desprazarémonos cos respectivos vehículos particulares por un tramo duns 1,3Km sen asfaltar ata a contorna do Santo Estevo do Ermo. Acceso non recomendado para furgonetas, autocaravanas ou coches moi baixos.

Ver itinerario recomendado para chegar ao punto de encontro.

Dificultade e posibles riscos: Moderada. Zonas esvaradías, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel; caída de ramas, árbores ou pedras; falta de cobertura móvil, outros riscos propios dunha actividade no medio natural.

Recomendacións: roupa e calzado cómodos e adaptados ás condicións meteorolóxicas (unha chaqueta por se refresca – zona sombría – e calzado de trekking), auga, bastóns de apoio, algo para picar (froita, froitos secos, etc).

Gratuítas. Inclúe Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil.

Prazas limitadas. Inscrición previa ata as 12:00h do día anterior á celebración da actividade. As solicitudes que entren fóra de prazo poderían ser rexeitadas.

Inscricións e información complementaria de interese:

Contacto para consultas: Tlf. 982 134 400 ou no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal (Oficina de Turismo).


Condicións de participación Visitas Guiadas ‘Barreiros queda en ti’ 2023

Información sobre Protección de Datos