Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Ruta lagoa de Pallares

O percorrido deste roteiro desenvólvese entre o paraíso formado pola ría de Foz-Masma, lugar chave de biodiversidade a nivel europeo (Rede Natura 2000), e a paisaxe rural propia deste recuncho de Galicia, case sempre salpicada de pequenas construcións  con identidade propia froito da herdanza colectiva dos nosos antepasados.

Na súa confluencia co mar Cantábrico, a ría conforma un fértil espazo natural cun potente atractivo para numerosas especies de aves que a utilizan como área de descanso durante as súas migracións ou como refuxio en época invernal, o que a converte nun dos mellores lugares da Mariña Lucense para a práctica do  birdwatching. 

Ao longo do percorrido poderemos achegarnos en varias ocasións á beira deste esteiro e apreciar, ademais, a existencia de numerosas especies de flora e fauna. A nivel xeral, dentro do espazo natural catalogado como  ZEC (Zona de Especial Conservación), é de destacar a presenza de ceba, acelga salgada, salmón, lamprea ou mexillón de río, entre outros.

A medio camiño atoparemos a pequena lagoa de Pallares, antiga canteira, hoxe en día  naturalizada, que lle dá nome a este roteiro.

O patrimonio cultural, encadrado maioritariamente na segunda metade do trazado, reflicte a interacción dos seus habitantes co medio, os seus costumes, valores e, mesmo, a súa creatividade. Entre este importante legado atópanse casas, hórreos, lavadoiros, igrexas, pombais ou cruceiros, entre outros.

Información de interese

Tempo: 1,5 – 2 horas.

Distancia (circular): 5,5 Km

Desvíos a puntos de interese: 300m. (ida e volta)

Desnivel acumulado: 88m.

Dificultade técnica: Moderada.

Terreo: 70% de asfalto en tramos compartidos con vehículos e 30% por carreiros de terra.

En Google Maps

En Wikiloc

Powered by Wikiloc