Ten unha extensión aproximada de 800 metros de lonxitude unha anchura que oscila entre os 30 e os 160 metros.
A baixamar permite contemplar unha das formacións rochosas máis singulares desta praia, a coñecida como «Pena do Elefante«, denominada así por semellar a forma da trompa deste animal.
A axitada hidrodinámica desta praia convértea en idónea para a práctica do surf, polo que é habitual ver a persoas gozando deste deporte.
Conta con dúas áreas recreativas.
Non admite cans.
Accesibilidade
Praia canina de Punta Corveira
Pequeno areal que se sitúa no extremo oriental da praia de Lóngara, formando parte desta. Atópase delimitada polo rego de Sarxendez no extremo occidental e as rochas de Punta Corveira que a separan da praia das Pasadas, no extremo oriental.
Nesta praia poderás gozar coa túa mascota en calquera época do ano e sen límite horario. Podes consultar as normas de uso neste documento.
Ademais, este areal esconde un pequeno tesouro xeolóxico en forma de pregues tumbados formados durante a primeira fase de deformación varisca, é dicir, durante o choque de continentes que deu lugar a Pangea, fai máis de 350 millóns de anos.