Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Praia de Altar

Praia de 1100 metros de longo e cunha anchura entre 50 e 140 metros, en función da marea. Encóntrase situada na desembocadura do río Masma e forma parte do seu espazo natural protexido a nivel europeo (ZEC-ZEPA).

É un areal propicio para os nenos xa que durante a baixamar se forman pozas que favorecen o baño con menor risco. Se ben nunca se debe baixar a garda.

Esta praia debe o seu nome ós sacrificios que presumiblemente, en tempos remotos, e como ofrenda aos deuses, se levaban a cabo na illa que se atopa no seu centro denominada “Pena de Altar”, e que no pasado estivo unida á Punta do Castro de San Bartolo

Na superficie que media entre a praia e a desembocadura do río Masma, podemos observar unha ampla superficie de dunas. Fundamental para a súa conservación é non adentrarse nas mesmas pois son un ecosistema vivo e escaso, cheo de biodiversidade.

Gran parte da súa superficie, tanto do sistema dunar coma do areal, forma parte do Plan de Protección da Píllara das Dunas e está considerado como lugar imprescindible para a conservación e a recuperación da especie polo que se prohiben certas actividades durante a época de nidificación.

Accesibilidade