Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Praia de Acantilado-Remior

Consta de 800 metros de lonxitude e a súa anchura oscila entre os 28 e os 110 metros. No seu brazo esquerdo atópanse as rochas que a separan da praia de San Bartolo. Dispón dunha área recreativa.

Desde este lugar, ata a praia de A Rapadoira, no municipio de Foz, exténdese a Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e maila Zona de Especial Conservación (ZEC) ría de Foz-Masma.

Este areal ben merece un repousado paseo de principio a fin na busca dalgún “bítere”.

Moi preto, na pista deportiva e campo da festa de San Bartolo existe outra área recreativa con parque infantil.

Accesibilidade