Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Pombais

Un pombal é unha construción popular para a crianza de pombas. Ademais, o abono producido por estes animais era moi utilizado para fertilizar as leiras. 

En canto á súa estrutura, hainos cadrados, redondos ou mesmo octogonais. Na parte alta dos seus muros, xusto por debaixo do tellado, ábrense uns ocos nas paredes que serven para que as pombas poidan entrar e saír. No seu interior contan cuns pequenos nichos nas paredes onde fan os seus niños e, no centro da estrutura, dispoñen dunha pía na que se lles depositaba a comida.

Entre os numerosos exemplos que se atopan en Barreiros, a maioría de planta cadrada, sobresae o pombal da Casa indiana de Alvariño en Santiago de Reinante pola súa vistosidade xa que posúe planta octogonal.