Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Patrimonio arqueolóxico

A longa historia de Barreiros deixou un importante legado de vestixios arqueolóxicos, entre os cales destacan, en número, os castros (poboados fortificados, xeralmente prerromanos). Contabilízanse un total de nove, cinco de interior e catro costeiros, dos cales quizais o máis coñecido sexa o da Punta do Castro, ao carón da praia de Arealonga, cuxa ocupación se estima posterior ao século I d.C e no que se poden apreciar as murallas e os fosos. Nel, entre outros, apareceron obxectos de bronce, unha fíbula, e restos de cerámica, así como un interesante cuncheiro relacionado coa posible obtención da prezada cor púrpura para os romanos. Habitualmente estas estruturas atópanse sen escavar e/ou parcialmente destruídos tanto pola acción humana como, no caso dos castros de litoral, pola erosión mariña.

Alén dos abundantes castros, en Barreiros contamos con singulares elementos do patrimonio arqueolóxico tales como o Círculo Lítico de A Roda, que conta con arredor de 4.500 anos de antigüidade e foi o primeiro atopado fóra das Illas Británicas, ou a Tumba Medieval da praia de Coto, labrada na rocha. Outros exemplos menos accesibles son:  o dolmen de Penabor e a mámoa do Cruceiro da Insua, ambos recentemente descubertos; as mámoas e a necrópole de cistas de O Campo de As Fachas en San Xusto de Cabarcos; as mámoas de Regodomel e de Fonte dos Trobos-Chivadoiro, en San Miguel de Reinante e San Xulián de Cabarcos respectivamente; ou a explotación mineira romana de As Covas.

Vestixios que fortalecen a cultura do noso pobo.

Círculo lítico de A Roda
Círculo lítico de A Roda

Visitas complementarias

Desfruta do patrimonio arqueolóxico