Este percorrido, deseñado a modo de visita audioguiada, expón o vínculo entre o patrimonio etnográfico máis propio de Galicia e o posterior legado daqueles que emprenderon a aventura de facer as Américas. Aderezado con pequenos relatos e anécdotas históricas, convidámoste a prestar atención aos detalles arquitectónicos e decorativos que converten o aparentemente simple en extraordinario.
Como puntos de interese inclúe casas indianas, patrimonio etnográfico, capelas e casas labregas. Sae da Oficina de Turismo e percorre os núcleos de San Cosme, Vilar, Áspera, Viladaíde, San Bartolo e Remior; retornando de novo a San Cosme.