Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

O Barreiros de Antano: Información de utilidade

Seguimento: a través de Google Maps ou Wikiloc “ConcellodeBarreiros”. 

Modalidade: a pé, en bicicleta ou en vehículo de motor (opción menos recomendada).

Distancia: 9.5Km (circular). Trazado compartido con vehículos en circulación.

Terreo: 100% asfalto.

Dificultade: Moderada

Sinalización física: non existe

Época ideal: outono, inverno e primavera. Nota: no verán o tráfico intensifícase.

Tempo a pé: aprox. 3 horas (explicacións incluídas)

Tempo en bicicleta: aprox. 1 hora e media (explicacións incluídas). Debe levar un soporte para o móbil.

Tempo en coche: aprox. 1 hora e cuarto ou hora e media (explicacións incluídas). ATENCIÓN: primeiro estacione o vehículo nun lugar seguro sen invadir propiedades privadas e, a continuación desprácese a pé ata o recurso. Por favor, non interrompa o tráfico e sexa prudente ao subir e baixar do vehículo. Percorrido non recomendado para furgonetas ou autocaravanas. Puntos con maior dificultade para estacionar: casas indianas de Arturo e  Camarnachón en Vilar (contiguas), Casa indiana Casa Grande na Áspera e Casa de Barreira en Remior.

En Google Maps

COMO SEGUIR O ROTEIRO EN GOOGLE  MAPS:

Active a función “Localización” nos axustes do seu móbil ou dispositivo. A continuación, poderá ver a súa localización no mapa a medida que se vai desprazando.

Os puntos marcados en laranxa correspóndense con cada un dos recursos que imos visitar neste percorrido. Neles atopará unha ficha coa ligazón a cada unha das explicacións  audioguiadas así como o texto descritivo do recurso e unha imaxe para a súa correcta identificación.

Se o prefire, despois de pinchar no punto de interese desexado, pode activar a función  “Como chegar” do Google Maps para que este o/a oriente no seu percorrido.

Os puntos sinalizados en verde e en vermello no mapa indican o inicio e o final do roteiro respectivamente.

En Wikiloc

Powered by Wikiloc

Consellos e posibles riscos

Roupa e calzado cómodos e adaptados ás condicións meteorolóxicas, auga, teléfono móbil.

Consulte as condicións meteorolóxicas antes de iniciar o percorrido.

O visitante debe ter en conta o seu estado físico e o seu equipamento.

O medio non está exento de riscos entre os que se inclúen: tramos por estradas de tráfico potencialmente intenso, zonas  inundables, caída a distinto nivel, caída ao mesmo nivel, zonas esvaradías, corrementos de terreos, caída de ramas e/ou pedras, outros perigos indeterminados.

IMPORTANTE: 

A entidade promotora non se fai responsable do uso que se lle dea a este roteiro. Unha vez inicie o seu seguimento, o usuario debe ser consciente de estar en boas condicións físicas e psíquicas para o desenvolvemento desta actividade. 

Teléfono de emerxencias: 112

Na versión audioguiada inclúe as seguintes pistas musicais:

1. Music by Songo 21_Title: de Cuba. http://www.songo21.com. Modifications: reduced length. Free to share and adapt. CC licenses. https://freemusicarchive.org/music/SONGO_21/SONGO_21_-_Studio_sessions_2003/05_-_De_Cuba
2. Música de «O Arco da Vella»_Muiñeira de O Areal dos Areeiras de Catoira. https://www.youtube.com/watch?v=qP4xo0gi9Hc