Casa tipo indianos na Granda. San Pedro de Benquerencia.
Trátase dunha vivenda de dimensións considerables con ornamentación propia da arquitectura indiana.
Ocupando todo o ancho da fachada principal conta cun amplo balcón corrido con varanda de forxa de intrincada decoración e balcón presidencial sobresaínte que, á súa vez, serve de porche soportado por dúas columnas de ferro fundido. O resto dos balcóns dispoñen así mesmo dunha fermosa varanda de forxa, excepto o presidencial da planta segunda e o da bufarda que sobresae a modo de torre, ambos protexidos por fermosas varandas de cemento.
Sobre das ventás dispóñense delicadasmolduras en relevo con ornamentación vexetal e guirnaldas con efecto de caída sobre os laterais.
Rematando o conxunto emprázase unha bela cornixa con motivos florais.