Casa tipo indiana con torre – miradoiro na Cruz Santiago de Reinante.
Fermosa casa tipo arquitectura indiana cun elegante miradoiro acristalado ou “gurugú” no cumio do tellado a modo de observatorio da contorna.
Na planta primeira presenta un fermoso balcón presidencial con varanda de formigón armado que, á súa vez, serve de cuberta do porche da planta baixa sostido por dúas columnas de pedra. Os linteis das ventás dispoñen dunha bela decoración xeométrico-vexetal.
Disimulando o tellado conta cun acroterio ou sotabanco ornamentado con decoración vexetal e rematado en pináculos con forma de xerro.