Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Casa Grande. A Áspera. San Cosme de Barreiros.

Promovida por Ignacio López e finalizada en 1907, é un novo exemplo de transición entre a vivenda autóctona e a casa nobre a modo de pazo.

Localizada no ámbito rural, chama especialmente a atención polas súas xenerosas dimensións. A carga decorativa concéntrase na contorna das súas elegantes fiestras e balcóns protagonizadas por motivos xeométricos e vexetais. Ocupando a posición da clave atópase un rostro feminino, figura coñecida como “mascarón”.

A fachada principal presenta unha elegante cornixa superior ornamentada con un clásico axedrezado.

Á entrada disponse un xardín francés cos típicos parterres, expresión do clasicismo aplicado a estes espazos.

Accesibilidade