Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Casa de Carballo. San Cosme de Barreiros.

Transición entre o estilo de vivenda autóctona e a casa nobre con aire de pazo. Foi construída a finais do século XIX por un emigrante a Cuba. Os balcóns da fronte están resoltos en forxa ricamente decorada, mentres que os laterais utilizan balaústres de cemento, elementos decorativos que se farán moi populares a comezos do século XX.

Nas súas catro fachadas sobresae, no centro, cadansúa galería abufardada a modo de torre. Por debaixo da impoñente cornixa disponse un friso decorativo pintado ao fresco con motivos vexetais. Como é moi habitual nas vivendas indianas, a finca conta cun peche de forxa con fortes piares de pedra. Estes enreixados foron un dos recursos decorativos máis frecuentemente usados dada a súa vistosidade como ornamento.

Accesibilidade