Turismo Concello de Barreiros – Galego
Esta senda, que se pode realizar a pé ou en bicicleta, pertence á Rede de Camiños Naturais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Percorre máis de 150Km distribuídos en 7 etapas ao longo do litoral das provincias de Lugo e A Coruña.
Barreiros forma parte da segunda etapa que comeza no Monumento Natural Praia de As Catedrais (Ribadeo) e remata no porto da veciña localidade de Foz cun total de 21Km de percorrido.
Na maior parte do seu trazado, ao longo do litoral barreirense, aproveita o paseo marítimo que enlaza a praia de Arealonga coa de Altar (8,5Km). Neste treito, o viaxeiro irá deixando atrás multitude de fermosas e inmensas praias ata chegar á desembocadura do río Masma que forma a ría de Foz-Masma. A partir de aquí, a senda continúa pola beira da ría facendo uso pistas asfaltadas ou camiños ata adentrarse no municipio de Foz.
Neste tramo o sendeirista poderá gozar da beleza e riqueza ambiental de dous espazos naturais protexidos incluídos dentro da Rede Natura 2000 que enmarcan o litoral de Barreiros: a Zona de Especial Conservación (ZEC) As Catedrais, que se estende ata a praia de Lóngara; e a Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Zona de Especial Conservación (ZEC) Ría de Foz – Masma que conforma o límite entre os concellos de Barreiros e Foz.
Información de utilidade
Distancias tramo de Barreiros:
Total: 14Km (praia de Arealonga – ponte da Espiñeira)
Paseo marítimo: 8,5Km (praia de Arealonga – praia de Altar)
Tramo ría: 5,5Km (praia de Altar – ponte da Espiñeira)