Esta senda, que se pode realizar a pé ou en bicicleta, pertence á Rede de Camiños Naturais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e pretende unir as provincias de Lugo e Ourense. Debe o seu nome a San Rosendo, considerado o santo defensor de Galicia fundador de diversos mosteiros e bispo de San Martiño de Mondoñedo. Unha das etapas deste itinerario percorre os concellos de Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz cubrindo unha distancia de 32Km.
No caso de que os/as usuarias desexen iniciar este percorrido no concello de Barreiros, deben dirixirse á parroquia de Celeiro de Mariñaos.