NOTA INFORMATIVA:
A información aquí presentada pretende ser un compendio de diferentes fontes oficiais, polo que debe ser complementada coa consulta de ditas fontes. Atopará as fontes utilizadas por Barreiros Turismo ao final deste artigo.
Esta información podería ser actualizada a medida que se vaian coñecendo máis datos.
INTRODUCIÓN:
Que é unha eclipse total de sol?
Unha eclipse solar total ocorre cando a Lúa, en fase nova, se aliña de forma precisa entre a Terra e o Sol, ocultando totalmente o disco solar e facendo que a súa sombra máis escura, a umbra, se proxecte sobre a Terra. Como consecuencia, durante uns minutos o ceo escurece e pode observarse a coroa solar.
Por que se producen as eclipses?
A explicación reside nunha extraordinaria coincidencia cósmica. Na actual configuración do Sistema Solar, a Lúa e o Sol teñen, desde a nosa perspectiva na Terra, un tamaño aparente case idéntico. Isto sucede porque, malia que o Sol é arredor de 400 veces máis grande ca Lúa, tamén está situado aproximadamente 400 veces máis lonxe.
Cronoloxía da eclipse en Barreiros:
CONSELLOS DE SEGURIDADE PARA A OBSERVACIÓN:
Poñémonos moi serios. Observar a eclipse dunha maneira incorrecta pode provocar graves danos nos ollos de maneira irreversible.
Baixo ningún concepto deberemos observar ou indicar a outras persoas observar a eclipse sen as proteccións axeitadas e homologadas. Mesmo se está nubrado.
O sol debe ser observado con equipo específicamente deseñado e homologado para tal función.
Non empregues baixo ningún concepto outro material como radiografías, gafas de sol, gafas de soldar, trucos caseiros, etc. Pode resultar catastrófico para a túa saúde ocular.
OLLO ao dato! O ollo non sente dor inmediata cando a radiación solar o está danando, principalmente porque a retina carece de receptores da dor, permitindo que a radiación UV e infravermella queime os tecidos sen aviso previo. Os síntomas poden notarse horas ou días máis tarde. Os danos son acumulativos, provocando lesións irreversibles.
- Usa só gafas de eclipse certificadas e mercadas en lugares fiables. O cumprimento da seguinte norma específica ISO debe estar indicado claramente nas gafas: ISO 12312-2:2015. Deben levar o certificado CE auténtico.
- Non mires ao sol nin por un instante sen as gafas homologadas correctamente colocadas (aínda que esteña nubrado). Ten moita precaución ao poñelas e quitalas: nunca o fagas mirando ao Sol ou buscándo a súa posición no ceo. Máxima precaución igualmente cos menores ou persoas dependentes.
- Aínda que teñas as gafas de eclipse postas, NUNCA é recomendable observar o sol durante máis de 30 segundos seguidos. Fai descansos. Compartir os anteollos coas persoas que te acompañan pode ser unha boa maneira de fomentar estes descansos, de forma que se alterne o uso das gafas entre as persoas do mesmo grupo. Repetimos: máxima precaución ao poñer e quitar as gafas, nunca o fagas mentras miras o Sol.
- As gafas deben cubrir todo o campo de visión (estar ben colocadas) e estar en perfectas condicións: sen raiaduras, nen desperfectos. Ante a dúbida non se deben empregar.
- Ainda que teñas as gafas de eclipse homologadas postas, non apuntes cámaras, prismáticos ou telescopios cara o Sol sen filtros específicos homologados para estes aparellos e consulta primeiro en fontes fiables como usalos. Máxima precaución para persoas inexpertas: a observación con estes aparellos sen os medios e os coñecementos axeitados podería ter consecuencias aínda máis graves para a túa vista e para o propio equipo.
- Fase de totalidade: a pesar de que ALGUNHAS das fontes oficiais consultadas para elaborar esta información indican que nos intres en que a eclipse está en fase completa de totalidade se poden retirar as gafas de observación, pregamos máxima precaución tanto en xeral como porque retiralas antes ou despois de tempo pode ser perigoso. A fase parcial só se pode observar coas gafas de eclipse postas e seguindo os consellos de colocación e descansos.
- Métodos indirectos para a observación: nas fontes utilizadas para elaborar este artigo podes atopar información sobre a utilización deste típo de métodos.
- Consulta se tes síntomas: se notas visión borrosa, manchas ou dor ocular tras a observación acude a profesionais da sanidade. Os síntomas poden aparecer horas ou días despois da observación.
PREVENCIÓN DOUTRO TIPO DE RISCOS:
- QUEDA PROHIBIDO BAÑARSE NAS PRAIAS DENDE AS 19.00h EN DIANTE. Lembra que nesas condicións de visibilidade e ante a altísima afluencia de persoas que se agarda, as labores de rescate se poderían complicar. Non poñas a túa vida nin a do persoal de emerxencias en risco.
- Prevención de incendios. Agosto é época de alto risco. Prohibido acender lume. Sé responsable na natureza. Se ves lume chama ao 085.
- Respecta a sinalización e as indicacións das autoridades e dispositivos de control de tráfico.
- Evita estacionar en lugares non permitidos que poidan dificultar a circulación ou impedir o acceso dos servizos de emerxencia.
- O aumento do tráfico comezará o 11 de agosto e continuará o día 13. O maior risco de accidentes adoita ser tras a eclipse, na volta ás casas, pola maior concentración de desprazamentos. Esta volta coincidirá, ademais, en horario nocturno, co conseguinte agravamento do risco. Moita atención aos momentos de escurecemento (antes, durante e despois do máximo), nos que os vehículos poden facer paradas en beiravías e medianas por sorpresa (tamén nas autoestradas).
- Avituallamento: Leva auga, algo de comida, gorra, protección solar, móbil con batería cargada, combustible se te desprazas en vehículo a motor e roupa de abrigo. Prevé retencións de tráfico e importantes cambios na temperatura.
- Controla as túas pertenenzas, evita amosar obxetos de valor.
- Prégase por favor, facer un uso mínimo da telefonía móbil, incluidas as redes sociais para evitar saturar as redes de telefonía e deixalas libres para os servizos e emerxencias. Planifica puntos de encontro cos teus acompañantes para o caso de que falle a cobertura móbil.
- Control de animais domésticos. A oscuridade repentina pode alterar o seu comportamiento. Mantelos controlados evita perdas ou reaccións inesperadas.
- Infórmate só por fontes oficiais. Ao final desta páxina dispós do listado de fontes oficiais utilizadas para elaborar este artigo.
PLANIFICAR O LUGAR DE OBSERVACIÓN:
- Evita aglomeracións innecesarias. O teu fogar pode ser un bo lugar para observar a eclipse.
- Horizonte oeste despexado: a eclipse ocorre preto da posta de Sol, así que evita vales encaixados ou lugares con obstáculos.
- Acontecementos pouco frecuentes como un eclipse solar xeran moita afluencia de persoas en sitios de maior visibilidade o que conleva multitude de desprazamientos e un aumento de sinistros viais.
- Planifica accesos e aparcamento: busca espazos amplos e seguros. Non invadas propiedades privadas. Deixa libres os accesos para emerxencias.
- Chega con antelación: haberá moita afluencia en zonas de totalidade. Consulta a situación do tráfico. A recomendación é ir a pasar a xornada ao punto concreto de visualización escollido. Unha vez remate a eclipse, a recomendación é quedar a observar as perseidas, de tal xeito que o abandono do lugar se produza de forma escalonada. Prevese que as maiores retencións sexan ao rematar o eclipse. Importante: se avanzado o día se nubra a zona elexida, non é recomendable moverse (sobre todo en vehículo debido aos problemas de tráfico e aparcamento que se poidan producir).
- Lembra que durante a fase de totalidade se vai a facer completamente de noite de forma repentina.
- Seguridade persoal: Evita bordos de estradas, taludes, cantís, zonas con risco de desprendementos e áreas onde as aglomeracións poidan provocar caídas. Non subir a valados, muros ou estruturas inestables. Así mesmo, ten moita precaución cos menores. Se vas ao volante prioriza a túa seguridade e a dos demáis conductores/as.
- Por un eclipse sen pegada. Protexamos os nosos espazos: Mantente en sendeiros sinalizados. Non pises dunas nin vexetación fráxil. Respecta os permisos de acceso. Mantente afastado dos cantís. Minimiza o ruído. Evita luces artificiais. Non alimentes nin molestes á fauna. Respecta o patrimonio cultural e mobiliario urbano evitando danalos. Non deixes residuos.
- Se a túa idea é observar a eclipse dende unha embarcación, consulta este documento de recomendacións emitido pola Dirección General de la Marina Mercante do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible.
- Visualizador IGN: https://visualizadores.ign.es/eclipses/2026 (pulsar nos lugares elixidos para a observación).
- Eclipse 2026 – Visor «Trío de Eclipses»: Calcula a posición do sol no momento da eclipse.
Zonas de observación prohibidas en Barreiros:
Por motivos de seguridade da infraestrutura, de regulación do tráfico debido ás características dos accesos, así como de conservación dos espazos, os seguintes lugares de Barreiros atópanse excluidos como puntos de observación da eclipse. A tales efectos, foron comunicados como «zonas de exclusión» tal e como nos foi requirido aos concellos. Zonas de exclusión:
- Punta de Anguieira e sistema dunar de Altar. Prohibido o acceso á zona do espigón e ao sistema dunar.
- Monte Comado (prohibido o acceso en vehículo). Permítese o acceso a pé con precaución, deixando o vehículo en San Miguel de Reinante.
- Monte Cornería (prohibido o acceso en vehículo). Permítese o acceso a pé con precaución, deixando o vehículo en Celeiro de Mariñaos.
- Monte Penabor (prohibido o acceso en vehículo). Permítese o acceso a pé con precaución, deixando o vehículo en San Cosme de Barreiros.
- Santo Estevo do Ermo.
- Castro de San Bartolo.
- Círculo lítico da Roda. Restrinxido o acceso en vehículos.
- Miradoiro de A Barcela.
- Miradoiro de Pallares.
- Pasarela de madeira que comunica a praia de Arealonga coa praia das Catedrais. No ámbito do Concello de Barreiros.
- Punta do Castro (San Miguel de Reinante).
- Prohíbese saír do paseo marítimo en calquera punto.
- Está permitido o acceso ás praias -a excepción das zonas dunares-. Queda prohibido o baño a partir das 19.00h.

