Desafía os teus límites no 1/2 KM Vertical Monte Comado: Deporte e Natureza en Barreiros!
Se buscas unha experiencia que combine a adrenalina do deporte coa beleza paisaxística de Barreiros e A Mariña, marca en vermello o vindeiro 19 de xullo de 2026. O 1/2 KM Vertical Monte Comado regresa para ofrecer un reto único na contorna privilexiada de Santiago de Reinante, no Concello de Barreiros.
Este evento non é só unha competición para corredores experimentados; é unha xornada para gozar en familia. A programación está deseñada para que todas as idades teñan o seu lugar:
- A partir das 10:30 h, os máis cativos poderán participar no Trail infantil no entorno de A Roda (subindo dende as escolas de Reinante), con categorías que van dende «Iniciación» (para nados en 2019 e posteriores) ata Sub16. As inscricións para as categorías infantís son de balde!.
- O Gran Reto: Ás 11:30 h dará comezo a carreira absoluta coa saída a nivel do mar desde a praia de Arealonga e meta no cumio do Monte Comado. A distancia é de aproximadamente 4 quilómetros salvando un desnivel positivo de 490 metros que se atopa maiormente na última parte, o que lle dá nome á carreira.
Para maior comodidade dos participantes, a organización ofrece un servizo de duchas no pavillón deportivo do Concello de Barreiros, situado en San Cosme de Barreiros.
Non perdas a oportunidade de vivir un domingo diferente, combinando o esforzo físico co atractivo turístico do Monte Comado e as súas panorámicas sobre o litoral.
Aceptas o reto?
Para obter máis detalles sobre o regulamento, consultar percorridos ou asegurar a túa praza, visita a web oficial do evento e inscríbete antes de que se esgoten os dorsais.
A inscrición segue aberta ata o 16 de xullo ás 23:59 horas a través de maiskmsbarreiros.gal e ccnorte.com, cun custo de 10 euros. O día da proba, se quedan dorsais, o prezo será de 15 euros. O trail infantil é de balde.
Máis información e inscricións aquí
A proba está organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado en colaboración co Concello de Barreiros, e conta coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Agrupación de Protección Civil de Barreiros. A carreira forma parte do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros que organiza o Concello de Barreiros sendo esta a terceira proba das cinco que o compoñen nesta edición 2026.
Autoría imaxe portada: Manu (dron)
