‘BARREIROS queda en ti‘
Volve o Programa de visitas guiadas “Barreiros queda en ti” que, cada verán, convida a descubrir a riqueza patrimonial, paisaxística e cultural do noso territorio. Na súa sexta edición, ofrecerá durante os meses de xullo e agosto unha selección de rutas e experiencias para coñecer lugares singulares, historias sorprendentes e a esencia que define a nosa contorna.
Nesta páxina atoparás toda a programación e o formulario de inscrición para participar nas actividades.

Información común a tódalas visitas:
PREZO: Gratuítas. Inclúe Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil.
PRAZAS: Limitadas. Inscrición previa ata as 12:00h do día anterior á celebración da actividade. Excepcionalmente poderíase ampriar este prazo indicándoo xunto ao enlace de inscrición da visita guiada en cuestión. As solicitudes que entren fóra de prazo poderían ser rexeitadas.
ASIGNACIÓN DE PRAZAS:
As prazas asignaranse por orde de entrada das solicitudes no correspondente formulario online. As persoas que non obtivesen praza por completarse o cupo dispoñible poderán inscribirse en lista de agarda a través do formulario correspondente. Se a visita guiada en cuestión se celebrase en varias datas, só se permite a inscrición nunha das xornadas.
CANCELACIÓN POR PARTE DOS/AS ASISTENTES:
Comunicarase por correo electrónico a turismo@concellodebarreiros.gal co nome das persoas inscritas que desexen cancelar así como coa data da visita. Os/as asistentes que cancelen a súa participación na actividade con menos de 24 horas respecto á hora de comezo da actividade ou non se presenten (salvo causa debida e documentalmente xustificada), non poderán inscribirse/participar noutras visitas guiadas organizadas polo Concello de Barreiros durante o resto do ano natural no que nos atopemos.
MENORES DE IDADE: Deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor/a legal.
CONTACTO PARA CONSULTAS: Tlf.: 982 134 400 | correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal | presencialmente na Oficina de Turismo de Barreiros.
A vida aos pés do Mar Pequeno

Descubre a ría dende unha nova perspectiva. Ao longo deste roteiro, mergullarémonos nun dos espazos naturais máis singulares da Mariña, onde natureza, paisaxe e historia se entrelazan nun equilibrio único.
Durante o percorrido coñeceremos a súa riqueza ambiental, figuras de protección e a sorprendente biodiversidade que alberga, ao tempo que descubriremos a estreita relación que as comunidades locais mantiveron con este medio ao longo dos séculos. A ruta finalizará regresando ao punto de partida polo Camiño Natural do Cantábrico, gozando de novas panorámicas deste fermoso recuncho da costa galega.
Desprega para máis información e inscricións
Información de interese:
- Punto de encontro: Aparcamento da Praia de Altar. Coordenadas: 43.565633, -7.242914. Enlace a Google Maps.
- Percorrido: Dende a Praia de Altar pola beira da ría ata Os Pasos de Moscoso. Regreso ao punto de inicio por pistas asfaltadas seguindo o Camiño Natural do Cantábrico.
- Terreo: paseo marítimo, area, fango, pedras soltas e asfalto.
- Duración: 2,5 horas aprox. Distancia circular: 2,5Km aprox.
- Explicacións dirixidas a adultos.
- Idade mínima para participar: 5 anos
- Visita non apta con cans ou mascotas.
- Dificultade e riscos: Moderada. Zonas esvaradías, zonas fangosas e pedregosas (destacando estas últimas), terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel; caída de ramas, árbores ou pedras; falta de cobertura móbil, tramos compartidos con vehículos, outros riscos propios dunha actividade no medio rural/natural.
- Recomendacións: roupa e calzado cómodos (calzado pechado impermeable) e adaptados ás condicións do terreo e meteorolóxicas, auga, protección solar, algo para picar (froita, froitos secos, etc), bastóns de apoio, prismáticos.
- Guía: Técnica municipal de turismo.
Datas e inscricións:
- Mércores 22 de xullo ás 17.00h. Inscríbete aquí a partir do martes 14 de xullo ás 09.00h.
- Venres 7 de agosto ás 17.00h. Inscríbete aquí a partir do martes 28 de xullo ás 09.00h.
O día a día dun gandeiro

Cada vaso de leite agocha unha historia que comeza moito antes de chegar á nosa mesa. Unha historia feita de madrugadas, coidados diarios, coñecemento transmitido entre xeracións e dunha relación constante entre as persoas, os animais e a terra. Con estas visitas resaltaremos a importancia e o “saber facer” da xente do rural. Dedicación e innovación son as sinais de identidade destas explotacións que contribúen a manter o rural vivo así como á conservación da paisaxe.
Ás xa tradicionais visitas á granxa de Mantoño Holstein (San Xusto de Cabarcos), súmanse este ano visitas a unha granxa igualmente representativa no concello de Barreiros: a Gandeiría Cid (Vilamartín Pequeno).
NOTA: ambas visitas son de características moi similares. Co fin de permitir vivir a experiencia ao máximo número de persoas posible, só se permite a inscrición para participar na visita a unha das dúas gandarías.
Opción A) Gandaría Cid
Nesta visita entraremos no corazón dunha explotación familiar de vaca frisoa con tres xeracións de historia apostando pola excelencia e o benestar animal. Ademais, o seu xerente tamén acode a concursos morfolóxicos tendo conseguido algúns fitos neste ámbito coa primeira vaca galega en coroarse “Vaca Gran Campioa Nacional” en 2007, un título revalidado 2023 e 2025 na categoría de “Vaca Vermella Campioa Nacional”.
Nota: O Concello de Barreiros agradece aos propietarios da gandaría Cid a súa participación no desenvolvemento desta iniciativa.
Desprega para máis información e inscricións
Información de interese:
- Punto de encontro: acceso á granxa. Enlace a Google Maps. Atención: é probable que Google Maps calcule erróneamente o itinerario máis directo para chegar á granxa. Enlace a mapa con itinerario e indicacións desde San Cosme de Barreiros.
- Percorrido: instalacións da granxa.
- Terreo: pavimentado, prado e/ou terra.
- Duración: 1,5h aproximadamente.
- Explicacións dirixidas a adultos/as.
- Idade mínima para participar: 5 anos
- Visita non apta con cans ou mascotas.
- Grupo mínimo: 8 persoas
- Dificultade e posibles riscos: Baixa. Zonas esvaradías, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel, tramos compartidos con vehículos, outros riscos propios dunha actividade que se desenvolve nun entorno destas características.
- Recomendacións: roupa e calzado cómodo (preferiblemente calzado deportivo, valorar levar roupa de reposto, protección solar, auga, algo para picar (froita, froitos secos,…).
- Anfitrión-guía: Xerente da Granxa.
QUEDA PROHIBIDO TOCAR OU MANIPULAR AOS ANIMAIS OU CALQUERA ELEMENTO DA GRANXA SEN CONSENTIMENTO PREVIO DOS MONITORES DA ACTIVIDADE. MANTEÑAN SUPERVISADOS AOS MENORES AO SEU CARGO DURANTE TODA A VISITA.
Datas e inscricións:
- Sábado 18 de xullo ás 11.30h. Inscríbete aquí a partir do martes 7 de xullo ás 09.00h.
- Mércores 5 de agosto ás 11.30h. Inscríbete aquí a partir do martes 28 de xullo ás 09.00h.
- Mércores 26 de agosto ás 11.30h. Inscríbete aquí a partir do martes 18 de agosto ás 09.00h.
Opción B) Gandaría Mantoño Holstein
Sabías que esta granxa foi recoñecida en 2026 como a mellor de España en raza frisona?
Un galardón que destaca a súa aposta pola excelencia, a selección xenética e o benestar animal. Nesta visita descubriremos o día a día dunha explotación leiteira de referencia e o traballo dos seus profesionais. Percorreremos parte das instalacións para coñecer de preto como funciona unha granxa das súas características. Unha oportunidade única para achegarnos ao sector primario e valorar a produción de alimentos de calidade no noso territorio.
Nota: o Concello de Barreiros agradece á xerencia da gandaría Mantoño Holstein a súa participación no desenvolvemento desta iniciativa.
Desprega para máis información e inscricións
Información de interese:
- Punto de encontro: acceso á granxa. Enlace a Google Maps. Atención: é probable que Google Maps calcule erróneamente o itinerario para chegar á granxa. Enlace a mapa con itinerario e indicacións desde San Cosme de Barreiros.
- Percorrido: instalacións da granxa.
- Terreo: pavimentado, prado e/ou terra.
- Duración: 1,5h aproximadamente.
- Explicacións dirixidas a adultos/as.
- Idade mínima para participar: 5 anos
- Visita non apta con cans ou mascotas.
- Grupo mínimo: 8 persoas.
- Dificultade e posibles riscos: Baixa. Zonas esvaradías, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel, tramos compartidos con vehículos, outros riscos propios dunha actividade que se desenvolve nun entorno destas características.
- Recomendacións: roupa e calzado cómodo (preferiblemente calzado deportivo, valorar levar roupa de reposto, protección solar, auga, algo para picar (froita, froitos secos,…).
- Anfitrión-guía: Xerente da Granxa.
QUEDA PROHIBIDO TOCAR OU MANIPULAR AOS ANIMAIS OU CALQUERA ELEMENTO DA GRANXA SEN CONSENTIMENTO PREVIO DOS MONITORES DA ACTIVIDADE. MANTEÑAN SUPERVISADOS AOS MENORES AO SEU CARGO DURANTE TODA A VISITA.
Datas e inscricións:
- Sábado 25 de xullo ás 11.30h. Inscríbete aquí
a partir do martes 14 de xullo ás 09.00h.NOTA: Por un imprevisto do xerente da granxa queda en dúbida a posibilidade de realizar esta visita guiada. En caso de que finalmente se poida realizar, abrirase o prazo de inscrición o venres 17 de xullo. Desculpen as molestias. - Xoves 13 de agosto ás 11.30h. Inscríbete aquí a partir do martes 4 de agosto ás 09.00h.
- Mércores 19 de agosto ás 11.30h. Inscríbete aquí a partir do martes 11 de agosto ás 09.00h.
Rutas xeolóxicas Litoral de Barreiros

Opción A) A forza das ondas, a forma da costa. De Remior a San Bartolo.
Nesta viaxe xeolóxica descubriremos como a forza do océano modela a costa, esculpindo nos cantís formas tan espectaculares como ollos mariños a través dos puntos débiles das rochas.
Ao longo do percorrido exploraremos materiais que gardan millóns de anos de historia, desde as coñecidas cuarcitas ata as singulares ampelitas. Aprenderemos a interpretar as pistas que nos deixan os minerais para reconstruír os acontecementos que marcaron a evolución destas rochas e observaremos de primeira man as pegadas da acción continua do mar sobre a paisaxe litoral.
Desprega para máis información e inscricións
Información de interese:
- Punto de encontro: Aparcamento no acceso á praia de Acantilado-Remior. Coordenadas: 43.564924, -7.227103. Enlace a Google Maps. Nota: espazo adicional para aparcar en esquina Avda Casiano Moreno – Paseo Rego do Lopo.
- Percorrido (ida e volta): Paseo peonil costeiro e percorrido polas praias de San Bartolo, Acantilado-Remior e comezo da praia de Coto.
- Distancia: 3 km aprox. (ida e volta).
- Duración: 2 h, aproximadamente (ida e volta).
- Terreo: paseo marítimo, praias e puntualmente zonas rochosas polas que pode ser necesario trepar.
- Explicacións dirixidas a adultos/as.
- Idade mínima para participar: 5 anos.
- Visita non apta con cans ou mascotas.
- Dificultade e posibles riscos: De moderada a media. Zonas esvaradías, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel, desprendementos de rochas, subida brusca da marea, oleaxe intenso, falta de cobertura móbil, tramos compartidos con vehículos, outros riscos propios dunha actividade que se desenvolve neste entorno particular.
- Recomendacións: roupa e calzado cómodos (calzado deportivo ou trekking antideslizante) e adaptados ás condicións meteorolóxicas propias das zonas costeiras, protección solar, auga, algo para picar (froita, froitos secos, …).
- Guía: Iván Rodríguez. Xeólogo.
Datas e inscricións:
- Mércores 15 de xullo ás 10.30h. Inscríbete aquí a partir do martes 7 de xullo ás 09.00h.
- Venres 14 de agosto ás 10.30h. Inscríbete aquí a partir do martes 4 de agosto ás 09.00h.
Opción B) Entre furnas e pregues. De Fontela-Valea á Pasada.
Convidámoste a descubrir estas praias da zona oriental de Barreiros a través dunha viaxe fascinante pola súa historia xeolóxica. Neste percorrido guiado entre cantís, areais e formacións rochosas singulares, aprenderemos como o mar e os procesos tectónicos foron modelando ao longo de millóns de anos esta paisaxe costeira. Durante a actividade observaremos estruturas espectaculares como furnas mariñas, diques de aplita e impresionantes pregues tumbados, auténticas pegadas dun pasado xeolóxico que nos fala da formación de montañas e océanos antigos.
Desprega para máis información e inscricións
Información de interese:
- Punto de encontro: Aparcamento Praia de Lóngara. Coordenadas: 43.560663, -7.193346. Enlace a Google Maps.
- Percorrido (ida e volta): Praias de Fontela Valea – Lóngara e Punta Corveira – A Pasada. A ter en conta: o itinerario pasa pola praia canina de Punta Corveira.
- Distancia: 3´2 km aprox. (ida e volta).
- Duración: 2,5 h aproximadamente (ida e volta).
- Terreo: paseo marítimo, praias e puntualmente zonas rochosas polas que pode ser necesario trepar.
- Explicacións dirixidas a adultos/as.
- Idade mínima para participar: 5 anos.
- Visita non apta con cans ou mascotas.
- Dificultade e posibles riscos: De moderada a media. Zonas esvaradías, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel, desprendementos de rochas, subida brusca da marea, oleaxe intenso, falta de cobertura móbil, tramos compartidos con vehículos, outros riscos propios dunha actividade que se desenvolve neste entorno particular.
- Recomendacións: roupa e calzado cómodos (calzado deportivo ou trekking antideslizante) e adaptados ás condicións meteorolóxicas propias das zonas costeiras, protección solar, auga, algo para picar (froita, froitos secos, …).
- Guía: Iván Rodríguez. Xeólogo.
Datas e inscricións:
- Venres 31 de xullo ás 10.30h. Inscríbete aquí a partir do martes 21 de xullo ás 09.00h.
- Sábado 29 de agosto ás 10.30h. Inscríbete aquí a partir do martes 18 de agosto ás 09.00h.
San Miguel de Reinante, pasado moi presente

Un paseo polo San Miguel urbano e rural a través de diferentes vestixios arquitectónicos testemuñas do pasado e que chegaron aos nosos días para recordarnos de onde vimos. Por ser un dos acontecementos históricos máis salientables da historia recente de San Miguel e, por extensión de Galicia, faremos especial fincapé na historia da emigración a América e no seu legado. Non en van, Barreiros é un dos municipios galegos con máis patrimonio indiano e o núcleo de San Miguel de Reinante conta con algúns dos edificios máis destacados.
Desprega para máis información e inscricións
Información de interese:
- Punto de encontro: Praza do Souto, San Miguel de Reinante. Coordenadas: 43.543830, -7.193143. Enlace a Google Maps. Posibles puntos de aparcamento.
- Percorrido (circular): Itinerario urbano polo centro do pobo para, na segunda metade da visita introducirnos nunha paisaxe máis rural.
- Distancia: 2,5Km aprox. (ida e volta).
- Duración: entre 2h e 2,5h.
- Terreo: urbano pavimentado e pistas asfaltadas.
- Explicacións dirixidas a adultos/as.
- Idade mínima para participar: 5 anos.
- Dificultade e posibles riscos: Moderada. Zonas esvaradías, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel; caída de ramas, árbores ou pedras; falta de cobertura móbil, tramos compartidos con vehículos, outros riscos propios dunha actividade no medio urbano/rural-natural.
- Recomendacións: roupa e calzado cómodos e adaptados ás condicións do terreo e meteorolóxicas, auga, protección solar, algo para picar (froita, froitos secos, etc).
- Guía: técnica municipal de turismo.
Datas e inscricións:
- Venres 10 de xullo ás 17.30h. Inscríbete aquí a partir do martes 30 de xuño. Ampríase prazo de inscrición ata as 14.00h do día da visita.
- Mércores 29 de xullo ás 17.30h. Inscríbete aquí a partir do martes 21 de xullo ás 09.00h.
- Venres 21 de agosto ás 17.30h. Inscríbete aquí a partir do martes 11 de agosto ás 09.00h.