‘BARREIROS queda en ti‘
Damos comenzo as visitas guiadas para este verán 2025. Roteiros para os meses Xullo e agosto cós que vos ofrecemos alternativas para que descubrades “un mar infinito de matices”.
E para poñernos a andar, a continuación mostrámosvos as nosas propostas:

Rutas Xeolóxicas Litoral de Barreiros

A costa de Barreiros exténdese ó longo de varios quilómetros de praias. Cada unha das cales móstrasenos como un espazo único e diferente na súa fisionomía.
Esta andaina converterase nun paseo por miles de anos que foron transformando e moldeando un litoral con formas singulares e paraxes extraordinarios. Vamos a descubrir qué elementos debuxan este lugar, a súa formación , dende zonas que albergan restos de primitivos arrecifes de coral ata unha turbeira con restos fósiles. Un pasado que nos sitúa no presente e que nos guía cara o futuro.
Percorrido e terreo: dende a praia de Arealonga á de Fontela-Valea.
Terreo: paseo marítimo, praias e puntualmente zoas rochosas.
Duración: 3´5 h, aproximadamente (sen contar o regreso ó punto de partida).
Distancia lineal: 3´5 km aprox. (nun sentido).
Explicacións dirixidas a adultos/as.
Menores de idade: os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor/a legal.
Idade mínima para participar: 5 anos.
Visita non apta con cans ou mascotas.
Gratuítas. Inclúe Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil.
Prazas Limitadas. Inscrición previa ata as 12:00h do día anterior á celebración da actividade. As solicitudes que entren fora de prazo poderían ser rexeitadas.
Dificultade e posibles riscos: Moderada. Zonas esvaradías, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel, desprendementos de rochas, subida brusca da marea, oleaxe intenso, falta de cobertura móvil, tramos compartidos con vehículos, outros riscos propios dunha actividade que se desenvolve neste entorno particular.
Recomendacións: roupa e calzado cómodos (calzado deportivo ou trekking) e adaptados ás condicións meteorolóxicas propias das zonas costeiras, protección solar, auga, algo para picar (froita, froitos secos, …).
Guía: Francisco Canosa. Xeólogo.
Inscricións e información de interese:
- Sábado 12 de Xullo de 2025 ás 10:00h. Inscríbete aquí. A partir do 4 de Xullo.
- Luns 28 de Xullo de 2025 ás 10:00h. Inscríbete aquí. A partir do 20 de Xullo.
- Martes 12 de Agosto de 2025 ás 10:00. Inscríbete aquí. A partir do 4 de Agosto.
- Mércores 27 de Agosto de 2025 ás 10:00. Inscríbete aquí. A partir do 20 de Agosto.
Contacto para consultas: Tlfno.: 982134400, no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal e na oficina de turismo de Barreiros.
Visita a granxa Mantoño-Holstein: unha granxa de premio

Con esta visita resaltaremos a importancia e o “saber facer” da xente do rural. Nesta granxa imos aprender da calidade e experiencias que aportan os/as gandeiros/as á economía da zona e da súa actividade diaria. Dedicación e innovación son as sinais de identidade destas explotacións que manteñen un excepcional equilibrio coa paisaxe natural da que forman parte.
Nota: O Concello de Barreiros agradece ós propietarios da granxa Mantoño-Holstein a súa participación desinteresada e activa no desenvolvemento desta iniciativa.
Percorrido e terreo: instalacións da granxa.
Terreo: pavimentado, prado e/ou terra.
Duración: 1 h, aproximadamente.
Explicacións dirixidas a adultos/as.
Menores de idade: os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor legal.
Visita non apta con cans ou mascotas.
Gratuítas. Inclúe Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil.
Prazas Limitadas. Inscrición previa ata as 12:00h do día anterior á celebración da actividade. As solicitudes que entren fora de prazo poderían ser rexeitadas.
Grupo mínimo: 8 persoas.
Dificultade e posibles riscos: Baixa. Zonas esvaradías, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel, tramos compartidos con vehículos, outros riscos propios dunha actividade que se desenvolve nun entorno destas características.
Recomendacións: roupa e calzado cómodo (preferiblemente calzado deportivo, valorar levar roupa de reposto), auga, algo para picar (froita, froitos secos,…).
Guía: Xerente da Granxa.
QUEDA PROHIBIDA A MANIPULACIÓN DE CALQUER ELEMENTO DA GRANXA.
Inscricións e información de interese:
- Xoves 17 de Xullo de 2025 ás 12:00h. Inscríbete aquí. A partir do 10 de Xullo.
- Mércores 30 de Xullo de 2025 ás 12:00h. Inscríbete aquí. A partir do 22 de Xullo.
- Xoves 14 de Agosto de 2025 ás 12:00. Inscríbete aquí. A partir do 6 de Agosto.
- Xoves 28 de Agosto de 2025 ás 12:00. Inscríbete aquí. A partir do 20 de Agosto.
Contacto para consultas: Tlfno.: 982134400, no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal e na oficina de turismo de Barreiros.
Un paseo por San Miguel: “historias de San Miguel”

Este roteiro levaranos, a propósito da historia de San Miguel, a un paseo polos seus barrios…..
Dende a existencia de castros, a un pasado medieval ou máis recentemente ó legado dos Indianos indagaremos na riqueza cultural e patrimonial, que a miúdo se agocha tras a aparencia sinxela e tranquila destes lugares.
Percorrido e terreo: Dende a Igrexa parroquial de San Miguel seguiremos un percorrido circular que nos levará polo Souto, escolas vellas, Pumarín, Triana e O Outeiro para rematar no mesmo punto.
Terreo: pavimento, camiños de terra e asfalto.
Duración: 2 h- 2´5 h aproximadamente.
Distancia: 2´5 Km de xeito circular.
Explicacións dirixidas a adultos/as.
Menores de idade: os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor legal.
Idade mínima para participar: 5 anos.
Visita non apta con cans ou mascotas.
Gratuítas. Inclúe Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil.
Prazas Limitadas. Inscrición previa ata as 12:00h do día anterior á celebración da actividade. As solicitudes que entren fora de prazo poderían ser rexeitadas.
Dificultade e posibles riscos: Moderada. Tramos compartidos con vehículos, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto desnivel, caídas de ramas, árbores ou pedras, falta de cobertura móvil, outros riscos propios dunha actividade que se desenvolve neste entorno específico.
Recomendacións. Levar roupa e calzado adecuados ó terreo e as condicións meteorolóxicas propias de zoas costeiras (deportivo ou trekking), protección solar, auga, algo para picar (froita, froitos secos,…).
Guía: Técnica de turismo.
Inscricións e información de interese:
- Sábado 26 de Xullo de 2025 ás 10:00h. Inscríbete aquí. A partir do 18 de Xullo.
- Sábado 9 de Agosto de 2025 ás 10:00. Inscríbete aquí. A partir do 2 de Agosto.
Contacto para consultas: Tlfno.: 982134400, no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal e na oficina de turismo de Barreiros.
Ruta por Santo Estevo do Ermo

Cada vez resulta máis difícil que un lugar te sorprenda, poida que este sexa o caso do Santo Estevo do Ermo. Unha paraxe tan inhóspito como primitivo e sereno. Esta fraga, ou bosque autóctono, agocha unha fervenza de augas sagradas que te vai atrapar, do mesmo xeito que un patrimonio natural e cultural rico na súa diversidade que se remonta a tempos antigos. Épocas nas que o culto á natureza, ós elementos converten en extraordinario a este lugar cheo de maxia e inspiración.
Percorrido e terreo: Pola fraga.
Terreo: sendeiros de terra con pendentes, posibilidade de puntos embarrados, escaleiras e zonas rochosas.
Duración: 1,5h ou 2h aproximadamente.
Distancia circular: 1 km, aproximadamente.
Explicacións dirixidas a adultos/as.
Menores de idade: os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor/a legal.
Idade mínima para participar: 5 anos.
Visita non apta con cans ou mascotas.
Gratuítas. Inclúe Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil.
Prazas Limitadas. Inscrición previa ata as 12:00h do día anterior á celebración da actividade. As solicitudes que entren fora de prazo poderían ser rexeitadas.
Dificultade e posibles riscos: Moderada. Zonas esvaradías e húmidas, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel, desprendementos de rochas, caídas de ramas, árbores ou pedras, falta de cobertura móvil, outros riscos propios dunha actividade que se desenvolve neste entorno particular.
Recomendacións: roupa e calzado cómodos e adaptados ás condicións meteorolóxicas (unha chaqueta por si refresca-zona sombría- e calzado de trekking), bastóns de apoio , auga, algo para picar (froita, froitos secos, …).
Guía: Técnica de turismo.
Inscricións e información de interese:
- Sábado 19 de Xullo de 2025 ás 11:00h. Inscríbete aquí. A partir do 10de Xullo.
- Sábado 23 de Agosto de 2025 ás 11:00. Inscríbete aquí. A partir do 16 de Agosto.
Contacto para consultas: Tlfno.: 982134400, no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal e na oficina de turismo de Barreiros.
Condicións de participación Visitas Guiadas «Barreiros queda en ti» 2025