Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Visitas guiadas Barreiros verán 2024

‘BARREIROS queda en ti

Galego | Español

Benvido/a a esta programación de visitas guiadas que terán lugar durante os meses de xullo e agosto de 2024 e coas que se pretende amosar a riqueza cultural e ambiental de Barreiros así como as formas de vida das súas xentes.

Consulta, a continuación, os catro percorridos para descubrir parte da esencia de Barreiros:

Imaxe promocional das visitas guiadas por Barreiros durante o verán 2024


Rutas Xeolóxicas Litoral de Barreiros

O litoral de Barreiros presenta unha interesante xeodiversidade que soe pasar desapercibida, un patrimonio natural que nos axuda a entender a historia do planeta terra e contribúe a poñer en valor a identidade do territorio.

Durante este itinerario poderase coñecer como se crean as furnas e arcos que se presentan ao longo desta franxa costeira e que recordan aos da coñecida Praia das Catedrais. Falarase tamén das diversas rochas que atopamos ao longo do roteiro e da súa xénese ou descubriranse curiosos espazos nos que se preservan restos de primitivos arrecifes de coral e mesmo unha turbeira con restos fósiles de milleiros de anos de antigüidade. 

Percorrido e terreo: dende a praia de Arealonga á de Fontela-Valea. Terreo: paseo marítimo, praia e puntualmente zonas rochosas.

Duración: 3,5 horas aprox. (sen contar o regreso ao punto de partida) Distancia lineal: 3,5Km aprox. (un sentido)

Explicacións dirixidas a adultos/as. Menores de idade: os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor legal. Idade mínima para participar: 5 anos.

Visita non apta con cans ou mascotas.

Gratuítas. Inclúe Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil.

Prazas limitadas. Inscrición previa ata as 12:00h do día anterior á celebración da actividade. As solicitudes que entren fóra de prazo poderían ser rexeitadas.

Dificultade e posibles riscos: Moderada. Zonas esvaradías, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel; desprendementos de rochas; subida brusca da marea, oleaxe intenso, falta de cobertura móvil, tramos compartidos con vehículos, outros riscos propios dunha actividade no medio natural/semi-urbano.

Recomendacións: roupa e calzado cómodos (calzado deportivo ou de trekking) e adaptados ás condicións meteorolóxicas propias de zonas costeiras, protección solar, auga, algo para picar (froita, froitos secos, etc).

Guía: Francisco Canosa. Xeólogo.

Inscricións e información complementaria de interese:

  • Domingo 7 de xullo de 2024 ás 10.00h. Inscríbete aquí. A partir do 28 de xuño.
  • Luns 22 de xullo de 2024 ás 10.00h. Inscríbete aquí. A partir do 15 de xullo.
  • Martes 6 de agosto de 2024 ás 10.00h. Inscríbete aquí. A partir do 30 de xullo. COMPLETO!!!
  • Mércores 21 de agosto de 2024 ás 10.00h. Inscríbete aquí. A partir do 14 de agosto. COMPLETO!!!

Contacto para consultas: Tlf. 982 134 400 ou no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal (Oficina de Turismo).

O día a día dun gandeiro. Visita unha granxa

Máis alá da experiencia de ver vacas de preto, con esta visita teremos a oportunidade de coñecer de primeira man a labor dos gandeiros e gandeiras e o seu día a día. Poñeremos en valor a súa formación e coñecementos en aspectos moi dispares, todos esenciais, e visitaremos as instalacións da granxa. Unha forma de recordarnos que grazas ao sector primario dispoñemos de alimentos saudables ao alcance da man. Sabías que esta granxa leva anos sendo considerada unha das mellores de España?

Nota: O Concello de Barreiros agradece a colaboración e disposición da xerencia desta granxa para levar a cabo esta actividade divulgativa.

Percorrido e terreo: instalacións da granxa. Terreo: pavimentado, prado e/ou terra.

Duración: 1 hora aprox.

Explicacións dirixidas a adultos/as. Menores de idade: os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor legal.

Visita non apta con cans ou mascotas.

Dificultade e posibles riscos: Baixa. Zonas esvaradías, terreos irregulares, caídas a igual ou distinto nivel, tramos compartidos con vehículos, outros sen determinar.

Normas: queda prohibida a manipulación de calquera elemento da granxa.

Recomendacións: roupa e calzado cómodos (preferiblemente calzado deportivo, valorar levar roupa de reposto), auga, algo para picar (froita, froitos secos, etc).

Guía: xerente da granxa.

Gratuítas. Inclúe Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil.

Prazas limitadas. Inscrición previa ata as 12:00h do día anterior á celebración da actividade. As solicitudes que entren fóra de prazo poderían ser rexeitadas. Grupo mínimo: 8 persoas.

Inscricións e información complementaria de interese:

Contacto para consultas: Tlf. 982 134 400 ou no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal (Oficina de Turismo).

De flor en flor. A vida dunha colmea.

A apicultura galega é única no mundo, unha tradición milenaria rodeada de paisaxe que perdura nos nosos días.

A través de este percorrido pretendese poñer en valor a importancia das abellas, xa non solas como productoras do nos mel, sino tamén el valor que teñen para o noso ecosistema. A xerarquización interna que teñen e do mesmo modo a identificación das mesmas.

Duración:  1-1.5 horas aprox.

Dificultade: Baixa.

Guía : Asociación de Abelleiros da comarca.

Prazas: máximo 15 participantes

Idade mínima para participar: 5 anos. Os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor legal.

 Prezo: gratuíta. Inclúe seguro de accidentes e de Responsabilidade Civil.

Visita non apta para cans ou mascotas.

Recomendacións: roupa e calzado cómodos, auga, protección solar, algo para picar (froita, froitos secos, etc.).Prazo de inscrición:  A súa apertura anunciarase nas redes sociais de Barreiros Turismo (Facebook e Instagram). As solicitudes que entren fóra de prazo poderían ser rexeitadas.

Inscricións e información complementaria de interese:

Contacto para consultas: Tlf. 982 134 400 ou no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal (Oficina de Turismo).


O Fráxil fogar da Pillara das Dunas

Faremos un percorrido por un espazo natural, que ademaís de ser unha paisaxe de gran beleza, ten un gran valor como ecosistema, é decir, un lugar donde loitan por sobrevivir diferentes especies silvestres vexetais e animais, entre elas destacamos este paxariño: a píllara das dunas; e como todos podemos votar unha man para que poida seguir entre nós.

Percorrido: Praia de Anguieira – Praia de Altar

Distancia circular: 2.5Km aprox. 

Duración: 1,5 – 2 horas aprox.

Dificultade: Baixa.

Terreo: camiñarase sobre area e sobre zonas rochosas.

Prazas limitadas: máximo 15 participantes.

Menores de idade: os menores de 16 anos deberán participar acompañados/as do pai/nai ou titor legal.

Prezo: gratuíta. Inclúe seguro de Accidentes e de Responsabilidade Civil.

Recomendacións: roupa e calzado cómodos (calzado pechado) e adaptados ás condicións meteorolóxicas, auga, protección solar, algo para picar (froita, froitos secos, etc).

Prazo de inscrición: dende o anuncio da súa apertura nas Redes Sociais de “Barreiros Turismo” (Facebook e Instagram) ata  completar aforo.

Contacto para consultas: Tlf. 982 134 400 ou no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal (Oficina de Turismo).

Inscricións e información complementaria de interese:

  • Jueves 11 de xullo do 2024 ás 11:00h. Inscríbete aquí. A partir do día 3 de xullo
  • Mércores 24 de xullo do 2024 ás 17.30h. Inscríbete aquí. A partir do día 17 xullo.
  • Xoves 8 de agosto do 2024 ás 17.30h. Inscríbete aquí. A partir do día 1 de agosto.
  • Xoves 29 de agosto de 2024 ás 17.30h. Inscríbete aquí. A partir do día 22 de agosto

Contacto para consultas: Tlf. 982 134 400 ou no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal (Oficina de Turismo).



Condicións de participación Visitas Guiadas «Barreiros queda en ti» 2024

Información sobre Protección de Datos