Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

XL Festival Folclórico Internacional do Emigrante. 5 de agosto.

Sábado 5 de agosto. San Miguel de Reinante. Festival Folclórico Internacional do Emigrante. Festa de Interese Turístico de Galicia.

O XL Festival Folclórico Internacional do Emigrante, que se celebrará o 5 de agosto a partir das 22.00h en San Miguel de Reinante*, en Barreiros,  e que conta co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, vén de presentarse na Praza de San Marcos da capital provincial.

*Lugar de celebración: Campo de fútbol As Valgas. En caso de choiva trasladarase ao pavillón do colexio de San Miguel.

Localización Campo de Fútbol As Valgas.

Localización Colexio de San Miguel de Reinante.

Este evento é un referente festivo e cultural para a veciñanza de Barreiros así como da comarca. Non en van, conta coa distinción de Festa de Interese Turístico Galego.

Nesta edición actuarán os seguintes grupos folclóricos tanto nacionais como internacionais:

  • Ensemble Nicola Tesla de Belgrado (Serbia)
  • Grupo Danses El Raval de Vila-Real (Castellón)
  • Asociación Folclórica O Arco da Vella, organizadora do encontro xunto ao Concello de Barreiros.

O Arco da Vella actúa como agrupación titular no Festival, abrindo e cerrando a mostra folclórica coas súas pezas de baile e música. A última peza que representa é sempre unha estrea.

Corenta anos de promoción folclore. O Festival do Emigrante naceu por iniciativa da Asociación Folclórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante, como unha plataforma para  presentar a formación e o folclore galego ás persoas que emigraran a Europa e que no mes de agosto volvían á casa a pasar as vacacións. Nas últimas edicións, acolle grupos do resto do Estado e internacionais. A organización do Festival propicia tamén intercambios que levan á agrupación de Barreiros a difundir o folclore galego con actuacións fóra de Galiza.

Organizan: Asociación Folclórica O Arco da Vella e Concello de Barreiros. Colaboran: Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e Abanca.

Venres 4 de agosto: XI Foliada do Emigrante. San Miguel de Reinante.

Un ano máis, como preludio do gran día do Festival, a partir das 20:00h na Praza do Souto, celebrarase a xa tradicional Foliada do Emigrante.

Actuarán diversos grupos folclóricos da comarca e haberá comida e bebida a prezos populares (tortilla, empanada, bolos preñados, xamón e tarta de queixo).

Organizan: Asociación Folclórica O Arco da Vella e Concello de Barreiros. Colaboran: Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e Abanca.