Esta carreira, organizada conxuntamente pola Asociación Augas Santas e o Concello de Barreiros, está incluída no circuito +kmsBarreiros, promovido polo Concello para promocionar todas as carreiras que se realizan no termo municipal, sendo esta a súa cuarta proba da presente edición.
A cita do vindeiro 6 de agosto, ademáis da carreira absoluta, contará con carreiras infantís.
A saída, de tódalas categorías terá lugar en Benquerencia, na Rúa San Pedro (mesmo lugar que a edición anterior). Nesta ocasión, terá lugar ás 15:30h a proba absoluta, aproveitando a altura da marea para poder realizala, posto que esta carreira ten a particularidade de transcorrer unha parte pola beira do mar. Ó rematar dita proba, terán lugar as carreiras das categorías infantís.
A entrega de dorsais realizarase o día antes, 5 de agosto, no mesmo lugar onde se realizará a carreira, de 17 a 19 h, e o día da proba ata media hora antes do comezo da mesma.
O prazo de inscrición rematará o próximo 3 de agosto.
Para máis información así como para formalizar a inscrición pódense consultar as seguintes direcións: