Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Ruta «de Cosme Barreiros a Salvador Lorenzana»

Domingo 7 de maio. Na honra de Francisco Fernández del Riego. Homenaxeado nas Letras Galegas 2023.

Barreiros e Lourenzá organizan unha actividade guiada que unirá os dous concellos coa figura do homenaxeado nas letras galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, como nexo.

Os Concellos de Barreiros e Lourenzá presentaron hoxe a actividade guiada que organizan para o vindeiro 7 de maio. A iniciativa englóbase nas actividades arredor do Día das Letras Galegas e desenvolverase baixo o  nome «De Cosme Barreiros a Salvador Lorenzana», honrando dous dos pseudónimos utilizados polo escritor laurentino homenaxeado en tal data.

A actividade iniciarase ás 10 da mañá cunha ruta de 9 kms a pé desde Vilamartín Grande (Barreiros) ata Lourenzá, percorrendo parte do tramo do Camiño Norte que une ambos concellos. Unha vez rematada a ruta, as persoas asistentes serán recibidas na Casa do Concello para finalizar cunha visita guiada «dous pseudónimos, un persoeiro de referencia para a nosa lingua» a cargo de Manuel Román Ramos e José Manuel García.

Para asistir á actividade é preciso inscribirse previamente antes do día 4 de maio. Prazas limitadas.

Contarase con servicio de autobús para as persoas inscritas desde Lourenzá e desde San Cosme de Barreiros, este último con volta ao finalizar o evento.

inscrición pode realizarse nos seguintes teléfonos: Barreiros (982124106) e Lourenzá (982121006 – 634898133)