Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Mercadiño na Primavera

Domingo 30 de abril. Praza do Concello.

O vindeiro domingo, 30 de abril, celebrarase en Barreiros o Mercadiño na Primavera!

Trátase do segundo mercadiño estacional que lle da continuidade ao Mercadiño no Nadal celebrado o pasado 11 de decembro.

Será na Praza do Concello.

O horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde.

Dámoslle así a benvida a esta época de luz, cor e alegría.

Neste mercadiño poderás atopar produtos de calidade e proximidade en máis de 20 postos que encherán a praza de vida.

Para comezar, deixamos a info sobre as actuacións, financiadas con fondos propios e pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que amenizarán este evento:

– Ás 12:00h actuación do grupo folclórico local O Arco da Vella.

– Ás 13:00h actuación de The Lioness Treasure Band (versións).

– Degustación de cerveza artesá Augas Santas Brew.

– Ás 18:00h actuación para público infantil, maxia e malabares a cargo de Ian Richard Hamilton.

Ademais, volveremos contar co posto de libros solidarios cuxa recaudación será doada á asociación Saúde Mental A Mariña!

Atopa toda a información sobre este evento na seguinte ligazón: Facebook Concello de Barreiros