Turismo Concello de Barreiros – Galego

Turismo de Barreiros

GAL  |  ES  |  EN

GAL  |  ES  |  EN

Trails Monte Comado

4ª E 5ª proba puntuable para o Circuito «+Kms Barreiros»

O vindeiro 15 e 16 de outubro celebraranse en Barreiros as carreiras de montaña “1/2 Km vertical” e os trails que lle dan nome ao evento “Monte Comado” e forman parte do circuito de carreiras local “+KmsBarreiros” organizado polo Concello de Barreiros a través da área de Dinamización e Participación Veciñal.

O SÁBADO 15, ás 15:15 horas, inaugurase esta edición do Trail Monte Comado coa saída da Andaina desde a praia de Arealonga. Percorrerá diversos camiños da parroquia de Reinante ata chegar ao círculo lítico de A Roda; xacemento arqueolóxico que conta con aproximadamente 4.500 anos de antigüidade, para continuar ascendendo pola ladeira do monte Comado ata chegar ao cumio, situado a 468 metros de altitude e que ofrece un excelente mirador natural desde o que divisar a rasa cantábrica de Burela, pasando por Foz, Barreiros, Ribadeo e mesmo Tapia de Casariego cando a visibilidade é boa. Retomarase a marcha para comezar o descenso por diversos camiños ata chegar ao punto de saída e completar un total de 8 kms aproximadamente.

Ás 16:30 h. darase a saída para a carreira 1/2 km vertical. Unha proba na que os/as atletas sairán dende o nivel do mar (praia de Arelonga) para acadar o cume de Comado salvando un desnivel de 490 m. positivos nunha distancia de 4,4 kms.

Xa ás 17:30 horas, no cumio do Monte Comado, terán lugar as carreiras do Trail Infantil con diferentes distancias e percorridos adaptados segundo as categorías.

Para o DOMINGO 16 están previstas as dúas carreiras de trail, 12k e 27k. Ámbalas dúas con saída e meta na Praza do Souto en San Miguel de Reinante e as cales percorrerán camiños e sendeiros que achegarán as e os participantes a fermosas paraxes do interior do municipio de Barreiros.

As probas están organizadas pola Asociación cultural e deportiva Praias de Comado xunto co Concello de Barreiros e a Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia.

Para máis información así como para formalizar a inscrición podedes consultar as seguintes direcións:

www.maiskmsbarreiros.gal

https://mediokmverticalmontecomado.jimdofree.com/

www.championchipnorte.com