Sábados e domingos do mes de outubro a partir do día 8.
Sábados nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante.
Domingos no Centro Sociocultural. San Cosme de Barreiros.
Hora: 19.30h.
Están dirixidas a un público adulto e terán entradas de balde ata completar o aforo do lugar.
A gala de entrega de premios terá lugar o domingo 6 de novembro nos Colexios Vellos onde, o Grupo de Teatro Ollomao representará a obra “O documento”, unha creación propia baseada no conto de Ánxel Fole.
Organiza: Concello de Barreiros e Colectivo Cultural Ollomao, co apoio e finanzamento da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo.
