VISITAS GUIADAS BARREIROS queda en ti
O fráxil fogar da Píllara das Dunas
Ao longo deste roteiro deseñado de forma participativa poderemos contemplar a paisaxe da ría, do sistema dunar e da praia de Altar, espazos dos que coñeceremos os seus principais valores naturais e comprenderemos a importancia da súa conservación. Ademais, descubriremos a unha especie ameazada habitante das dunas e da praia, onde cría na primavera-verán nas costas galegas.
Gratuítas. Prazas limitadas. Inscrición previa.
- Xoves 7 de xullo de 2022 ás 11.00h. Inscríbete: https://forms.gle/QjRrom77B5qVahbs9
- Xoves 14 de xullo de 2022 ás 11.00h. Inscríbete: https://forms.gle/ueY5PMZKsLkCF3WE9
- Xoves 4 de agosto de 2022 ás 11.00h. Inscríbete: https://forms.gle/x2LeTvkd3mxTppzC7
- Xoves 11 de agosto de 2022 ás 11.00h. Inscríbete: https://forms.gle/kg2tgwBKYAoUxoM89
Punto de encontro: Aparcamento da Praia da Anguieira. Coordenadas: 43.563566, -7.242572
Percorrido: Praia de Anguieira – Praia de Altar – Retorno opcional á Praia de Anguieira.
Duración: 1,5 – 2 horas aprox. Distancia circular: 2,5Km aprox.
Dificultade: Baixa.
Guías: Alumnos/as e monitora (bióloga e guía medioambiental) do Obradoiro de Emprego “Territorio Vivo”.
Recomendacións: roupa e calzado cómodos (calzado pechado) e adaptados ás condicións meteorolóxicas, auga, protección solar, algo para picar (froita, froitos secos, etc), mascarilla, xel hidroalcohólico.
Contacto para consultas: Tlf. 982 134 400 ou no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal (Oficina de Turismo).
Rutas xeolóxicas Litoral de Barreiros
O litoral de Barreiros presenta unha interesante xeodiversidade que soe pasar desapercibida, un patrimonio natural que nos axuda a entender a historia do planeta terra e contribúe a poñer en valor a identidade do territorio.
Durante este percorrido poderase coñecer como se crean as furnas e arcos que se presentan ao longo desta franxa costeira e que recordan aos da coñecida Praia das Catedrais. Falarase tamén das diversas rochas que atopamos ao longo do roteiro e da súa xénese ou descubriranse curiosos espazos nos que se preservan restos de primitivos arrecifes de coral e mesmo unha turbeira con restos fósiles de milleiros de anos de antigüidade.
Gratuítas. Prazas limitadas. Inscrición previa.
- Sábado 16 de xullo de 2022 ás 10.00h. Inscríbete a partir do 8 de xullo: https://forms.gle/vhRPP3114LrBnZfYA
- Sábado 27 de agosto de 2022 ás 10.00h. Inscríbete a partir do 19 de agosto: https://forms.gle/18FJuVhAhUCXFvLg9
Punto de encontro: aparcamento da Praia de Arealonga. Coordenadas: 43.556231, -7.177620
Percorrido: Praia de Arealonga ata a praia de Fontela-Valea.
Duración: 3,5 horas aprox. Distancia lineal: 3,5Km aprox. (Non inclúe regreso ao punto de partida).
Dificultade: Moderada.
Guía: Francisco Canosa. Xeólogo.
Recomendacións: roupa e calzado cómodos (calzado deportivo ou de trekking) e adaptados ás condicións meteorolóxicas, protección solar, auga, algo para picar (froita, froitos secos, etc), mascarilla, xel hidroalcohólico. Nota: camiñarase sobre area e zonas rochosas.
Contacto para consultas: Tlf. 982 134 400 ou no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal (Oficina de Turismo).
Santo Estevo do Ermo. Refuxio de Biodiversidade e Patrimonio
O Santo Estevo do Ermo conforma unha fraga de incalculable valor ambiental cuxo sorprendente legado cultural cautiva a todo aquel que a visita. A través deste roteiro retrocederemos milleiros de anos para somerxernos na súa historia, patrimonio e orixes dalgunhas das especies que aquí atopamos. A vexetación propia dos bosques autóctonos de Galicia, as lendas que perviven neste espazo e as propiedades mineromedicinais das augas do lugar completarán un percorrido curto pero cargado de simbolismo.
Gratuítas. Prazas limitadas. Inscrición previa.
- Xoves 21 de xullo de 2022 ás 10.30h. Inscríbete: https://forms.gle/YdJS4hLQS4uSWShn8
- Xoves 28 de xullo de 2022 ás 10.30h. Inscríbete: https://forms.gle/bMbQLkDD21cfjx189
- Xoves 18 de agosto de 2022 ás 10.30h. Inscríbete: https://forms.gle/FwV7WC7Bv3vkTDRd7
- Xoves 25 de agosto de 2022 ás 10.30h. Inscríbete: https://forms.gle/TCuiM9NmnaoBqwfN6
Punto de encontro: Punto sinalizado en Google Maps como “Aparcamiento Cascada” (punto onde comeza o tramo sen asfaltar)*. Coordenadas: 43.533158, -7.238926
*Dende aquí desprazarémonos cos respectivos vehículos particulares por un tramo duns 1,3Km sen asfaltar ata a contorna do Santo Estevo do Ermo. Acceso non recomendado para autocaravanas ou coches moi baixos (alternativa: facer este tramo a pé para o que se establecerá unha hora e punto de reencontro).
Percorrido: Fraga de Santo Estevo do Ermo.
Duración: 2,5 – 3 horas aprox. Distancia circular: 1Km aprox.
Dificultade: Moderada
Guía: Técnica de Turismo municipal.
Recomendacións: roupa e calzado cómodos e adaptados ás condicións meteorolóxicas (unha chaqueta por se refresca – zona sombría – e calzado de trekking), auga, bastóns de apoio, algo para picar (froita, froitos secos, etc), mascarilla, xel hidroalcohólico.
Contacto para consultas: Tlf. 982 134 400 ou no correo electrónico turismo@concellodebarreiros.gal (Oficina de Turismo).
